Resolución da convocatoria de Voluntariado de Lectura-A destinada a centros de ensino primario de titularidade da consellería para o curso 2014/2015
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos en relación coa convocatoria de 24 de novembro de 2014 pola que se pretende impulsar o voluntariado cultural relacionado coa lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria, dos centros de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da iniciativa denominada "Voluntariado de Lectura-A", correspondente ao curso 2014/2015.
Selecciónase un centro por cada unha das provincias galegas, co fin de que unha representación do alumnado que participou nas actividades relacionadas na memoria presentada ao abeiro desta convocatoria, participe nas xornadas de convivencia previstas, que terán lugar entre os días 26 e 29 de maio próximos no Centro Residencial Docente da Coruña (Culleredo). Esta actividade está integrada nos programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.