Convocadas as probas de acceso para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e cumpran dezanove anos no ano 2015, ás ensinanzas artísticas, para o curso 2015/2016
Xúntase a Resolución do 8 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel.
Instrucións para o acceso do alumnado que se atope en tales circunstancias, para o curso 2015/16, ás ensinanzas artísticas superiores de Música, de Arte Dramática, de Deseño e de Conservación e Restauración de Bens Culturais, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 45/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 28 de maio, ambos inclusive:
- Conservatorio Superior de Música da Coruña.
- Conservatorio Superior de Música de Vigo.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
- Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
- Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
- Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Resolución do 8 de abril de 2015: Acceso ás ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Lei orgánica 2/2006 (DOG) Listaxe provisional de persoas admitidas ás probas convocadas Listaxe definitiva de persoas admitidas ás probas convocadas Listaxe provisional de cualificacións Listaxe definitiva de cualificacións