A Consellería de Cultura e Educación participa na celebración do Día da Auga, da árbore e da poesía na Insua dos Poetas
Lun, 23/03/2015 - 17:32
Os secretarios xerais de Cultura, Anxo Lorenzo, e de Política Lingüística, Valentín García, participaron nesta mañá no augo de celebración do Día da auga, da árbore e da poesía na Insua dos Poetas.
O acto contou coa participación do alumnado dos centros educativos do concello do Carballiño, do alcalde desta localidade, Argimiro Marnotes; do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar; e de Luis González Tosar, impulsor da iniciativa.