A Consellería de Educación inicia o tramite de audiencia para escoitar suxestions ao borrador do Decreto do Plurilingüismo
O conselleiro de Educación e o Secretario Xeral de Política Lingüística manterán encontros desde o luns 18 ata o venres 22 de xaneiro
O conselleiro de Educación e o Secretario Xeral de Política Lingüística manterán encontros desde o luns 18 ata o venres 22 de xaneiroO Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentarán as bases do Decreto do Plurilingüismo aos axentes implicados, desde o vindeiro luns e ata o venres día 22. Con estes encontros, nos que se escoitará as suxestións de representantes políticos, académicos, sindicais, e das asociaciòns de pais, a Xunta de Galicia cumpre coa promesa realizada desde o primeiro momento en que se deu a coñecer o texto, de contar coa opinión de todos os afectadas pola nova norma.
Deste xeito serán recibidos, ademais dos voceiros de PP, PSOE e BNG, os representates da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, amais das seguintes formacións sindicais: CIG-Ensino; CCOO Ensino; FETE-UXT; ANPE Galicia; CSI-CSIF; FSIE; USO e STEG.
Así mesmo escoitáranse as propostas das patronais do ensino concertado: CECE Galicia; a Federación de Educación e Xestión, e a Asociación de Centros de Economía Social de Galicia (ACES), e os centros privados (ACADE).
Na axenda de encontros están marcadas tamén reunións coas confederacións de Pais e Nais (ANPAs), nas que se inclúe as de Centros Públicos de Galicia (CONFAPA); a de ANPAs de centros privados de Galicia (CONGAPA), e a Olívica de ANPAs (FOANPAS), así como a Católica Nacional de Padres de Familia y Padres de Alumnos (CONCAPA) e a Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI).
No mesmo calendario de encontros está previsto escoitar a representantes da Mesa por la Libertad Lingüística, así como aos da Mesa pola Normalización Lingüística e a Galicia Bilingüe. Tamén serán recibidos os representantes da Xunta autonómica de directores de centros públicos e os da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística, así como directivos da Asociación Galega de Editores.