Román Rodríguez descata o “esforzo, dedicación e ilusión” dos alumnos galardoados cos Premios de Bacharelato e Formación Profesional

O conselleiro de Cultura e Educación entregou hoxe os Premios Extraordinarios de Bacharelato e FP de Grao Superior de Galicia, así como os relativos á fase autonómica do XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía

Mér, 18/03/2015 - 13:52
O conselleiro de Cultura e Educación entregou hoxe os Premios Extraordinarios de
O conselleiro de Cultura e Educación entregou hoxe os Premios Extraordinarios de Bacharelato e FP de Grao Superior de Galicia, así como os relativos á fase autonómica do XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu hoxe a entrega dos Premios Extraordinarios de Bacharelato e Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia, así como dos galardóns relativos á fase autonómica do XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía. Os tres son outorgados pola propia Consellería.

O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia felicitou aos estudantes premiados, aos que se lles recoñece o seu “esforzo, dedicación e ilusión”, porque “non hai nada sen esforzo e ilusión”, recalcou. Tamén animou ao alumnado a poñer en valor o conseguido, aínda que, en palabras de Román Rodríguez, non se trata só dun éxito do propio estudante, senón tamén do profesorado e das familias.

Na súa opinión, os 44 alumnos galardoados son a mostra do esforzo conxunto de toda a comunidade educativa para acadar un modelo de calidade como o galego, que camiña cara a excelencia. Este vieiro, iniciado a pasada lexislatura, precisa agora dun “novo impulso” que, tal e como indicou o conselleiro, se sustenta na extensión do plurilingüismo a Bacharelato e FP, no reforzo das TIC nos centros ou na potenciación da cultura emprendedora a través da formación e da creación de viveiros de empresas.

No acto, que tivo lugar no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura de Galicia, tamén participaron o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; a subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do sistema educativo, Carmen Cimadevila; a concelleira de Educación e Xuventude do concello de Santiago, María Teresa Cancelo; e o director do CIFP Someso, Félix Rodil.

Premiados nas tres categorías

Foron dous os galardoados dentro da fase autonómica do XV Concurso Hispanoamericano de Ortografía do pasado ano. O gañador, Francisco Darío Lago Fernández, do colexio Manuel Peleteiro de Santiago; e Román Pérez Santalla, do IES Santa Irene de Vigo, clasificado en segundo lugar.

Por outra banda, un total de 20 estudantes recibiron os Premios Extraordinarios de Bacharelato de Galicia, correspondentes ao curso 2013-2014, tras participar nesta edición un total de 529 alumnos: 226 de centros da Coruña, 73 de Lugo, 33 de Ourense e 197 de Pontevedra. Precisamente, nesta última provincia resultaron premiados Raúl Alonso Rodríguez (IES Carlos Casares, de Vigo), Pablo Pino Prieto (Colexio Los Sauces, de Vigo), Sara Álvarez Quintáns (IES Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra), Andrea Falcón Leal (IES Francisco Asorey, de Cambados), Isabel Carmoega Taboada (IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces), Ángel Villar Corrales (IES As Barxas, de Moaña), Raúl Barciela Sánchez (IES de Mos) e Laura Riveiro Lago (IES San Tomé de Freixeiro, de Vigo). Pertencen á provincia da Coruña: María Vidal García (IES Maximino Romero de Lema, de Zas), Joaquín Vila García (IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago), Nicolás González Granado (IES Plurilingüe Rafael Dieste, da Coruña), Adrián Grille Guerra (Colexio Manuel Peleteiro, de Santiago), Martín Varela Salido (IES Canido, de Ferrol), Rosa Elena Veiga Otero (IES A Pontepedriña, de Santiago), Pablo Paz Cotilla (IES Concepción Arenal, de Ferrol) e Nuria Bello Barral (IES de Curtis). Por último, na provincia lucense foron galardoados Carmen Jorge Díaz (IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes, de Lugo), Irene Ferreiro Sanmartín (IES Río Miño, de Rábade), Diego Durán Cano (IES de Quiroga) e Patricia Martínez Paz (IES Plurilingüe San Rosendo, de Mondoñedo).

Os aspirantes debían contar cunha cualificación final media nos dous cursos de bacharelato igual ou superior a 8,75. Cada galardón está dotado cunha gratificación económica e o premiado ou premiada poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público segundo se estableza na normativa vixente.

Por último, os galardoados cos Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior do curso 2012-2013, foron os seguintes: David Fernández Lage (IES Agra do Orzán, da Coruña), Paloma Calvo Varela (IES de Sabón, de Arteixo), Mª Beatriz Pérez Sanlés (IES Ramón Menéndez Pidal, da Coruña), Eva María García López e Rocío Blanco Mejuto (ambas do CIFP Someso, da Coruña), Martín Torreira Pais (CIFP Politécnico, de Santiago), Silvia Trinidad Porta (CIFP Ferrolterra, de Ferrol), Víctor Vázquez Rodríguez (IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, da Coruña), Fidel Ferreiros Miranda (IES San Clemente, de Santiago), Mª Amparo Villar Naya (IES Universidade Laboral, de Culleredo), Raquel Graña Liste e David Hernández García (CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, da Coruña) e Ana Álvarez Núñez (CIFP Paseo das Pontes, da Coruña) no que se refire á provincia coruñesa. En Pontevedra resultaron premiados Alba Ferreiro Abeijón (IES Montecelo, de Pontevedra), Manuel Porto Carracedo (CIFP A Granxa, de Ponteareas), Borja López Pérez (CIFP Valentín Paz Andrade, de Vigo) e Pedro Francisco González Freire (Instituto Galego de Formación en Acuicultura, da Illa de Arousa). José González López (IES da Terra Chá Xosé Trapero Pardo, de Castro de Rei), Laura María Quinoá Piñeiro (Colexio TIC, de Lugo) e Ramón Estévez Anido (IES Marqués de Sargadelos, de Cervo) compoñen a representación lucense, mentres que a ourensana está formada por Eva Fernández Campo (CIFP A Farixa, de Ourense) e Daniel Palomares Paz (IES Universidade Laboral, de Ourense).

Nesta edición participaron un total de 290 alumnas e alumnos: 131 de centros da Coruña, 53 de Lugo, 25 de Ourense e 81 de Pontevedra. Para optar a estes premios extraordinarios de FP, os aspirantes debían ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2013 nun centro docente de Galicia -tanto na modalidade presencial como na modalidade a distancia- e ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50. Os estudantes galardoados recibiron un diploma acreditativo e unha gratificación económica ao seu traballo.