Convocatoria do II Concurso de Traballos por Proxectos, baixo a coordinación da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios, para o curso 2014/2015
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convoca o II Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación ou coa participación da biblioteca escolar, para traballos levados a cabo durante o curso 2014/2015. Esta iniciativa, integrada no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información, Aprendizaxe), ten como finalidade impulsar, apoiar e dar visibilidade a aqueles proxectos que contribúen a formación do alumnado na adquisición das competencias básicas, especialmente as chamadas competencias informacionales, ou de uso, tratamento e produción da información, contando cos recursos e as posibilidades que ofrece a biblioteca escolar.
Poderán participar neste II Concurso os centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e O.U. e poderán facelo a través de varias modalidades:
1. Proxectos de carácter interdisciplinar, ou Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar.
2. Proxectos de investigación dirixido por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, en varias sub-modalidades, que conten coa apoio ou a colaboración da biblioteca escolar do centro e que aproveiten os seus recursos e posibilidades.
As temáticas dos proxectos poderán ser de calquera campo do coñecemento pero contemplarase un apartado especial de traballos do ámbito científico.
- O prazo de presentación de traballos remata o 30 de xuño de 2015.