A Cidade da Cultura acolle mañá a estrea europea de ‘Acceso’, última obra de Pablo Larraín, director da mítica película ‘No’

O cineasta chileno trae ata o Gaiás unha obra realista e dura, cos abusos sexuais como trasfondo, con Roberto Farías, un dos máis grandes actores de Latinoamérica, como único protagonista

A xornada arranca ás 17 horas coa mexicana ‘La máquina de la soledad’ e ‘Mis documentos Santiago de Compostela’, con Diego Anido e Uxía P. Vaello

O programa para a xornada de hoxe inclúe a primeira función da obra de Oligor e Microscopía, ‘Mis documentos Buenos Aires’ e a italiana ‘Untitled’

Xov, 12/02/2015 - 15:36
A Cidade da Cultura acolle mañá a estrea europea de ‘Acceso’, última obra de Pab
A Cidade da Cultura acolle mañá a estrea europea de ‘Acceso’, última obra de Pablo Larraín, director da mítica película ‘No’

A Cidade da Cultura acolle mañá a estrea en Europa de ‘Acceso’, obra do chileno Pablo Larraín, director da mítica película ‘NO’ e que este mes de febreiro formará parte da competencia oficial na Berlinale coa súa última cinta ‘El club’. No marco do festival ‘Escenas do cambio’, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Larraín presenta unha historia dura protagonizada por Roberto Farías, recoñecido como un dos máis grandes actores de América latina.

‘Acceso’ representarase mañá e o sábado ás 20:30 horas na Sala I do Museo Centro Gaiás con Sandokan, vendedor ambulante nun bus do Transantiago, como protagonista. Larraín preséntanos a un gladiador urbano que rebelasinais profundos dun lugar de vida, dor e goce, acompañado dunha linguaxe lumpen, atroz e poética á vez. Cos abusos sexuais como trasfondo, ‘Acceso’ é unha peza difícil e atrainte creada e interpretada en xerga ‘coa’, variante chilena do castelán.

A xornada de mañá comezará as 17 horas, coa segunda función de ‘La máquina de la soledad. Teatro de objetos documental’, de Oligor e Microscopía, unha poética homenaxe ao obxecto-carta e ao correo postal.

E ás 18:30 horas, ‘Mis Documentos’, o ciclo de conferencias performativas comisariado pola arxentina Lola Arias, terá como protagonistas a dous artistas galegos: Diego Anido e Uxía P. Vaello. Deste xeito, Diego Anido sacará a relucir extranos segredos familiares en ‘La piel de mi familia’, mentres que a coreógrafa Uxía P. Vaello tratará de descubrir por que o seu avó José Vaello, un republicano atípico, estivo detido na Illa de San Simón.

Programa de hoxe

‘Escenas do cambio’ arranca hoxe a segunda semana de programación coa mexicana ‘La Máquina de la soledad. Teatro de objetos documental’ e ‘Mis documentos Bos Aires’. Nesta última, que supón a estrea en Europa deste proxecto da arxentina Lola Arias, as protagonistas serán Sofía Medicci con ‘Traducción simultánea’, onde nos ofrecerá o proceso de investigación para relizar unha performance e as ideas erradas en relación a súa representación; e Tálata Rodríguez con ‘Padre postal’, onde reflexiona sobre a relación co seu pai a través da relación epistolar mantida entre 1989 e 2002.

A última das propostas para este xoves será a italiana ‘UNTITLED_I will be there when you die’ de Alessandro Sciarrioni, unha práctica coreográfica e performativa sobre o paso do tempo que nace dunha reflexión sobre a arte dos malabares.  A obra representa o segundo capítulo dun proxecto máis amplo hamado ‘Will you still love me tomorrow?’, unha investigación sobre os conceptos de tensión, perseverancia e resistencia.

Entradas a 8 euros

As entradas para todas as funcións do festival están á venda no Punto On da Cidade da Cultura e www.servinova.com a un prezo de 8 euros, a excepción das función de ‘Mis Documentos’, que teñen entrada de balde previa retirada de invitación no mostrador do Museo Centro Gaiás (máximo 2 por persoa).

‘Escenas do cambio’ ofrece tamén a alternativa 4x3 (asiste a catro funcións e paga tres) por 24€. Esta última opción só está dispoñible a través do teléfono de servinova 902 504 500.

Menús News node R

Tema