A Consellería de Cultura e Educación rematará este ano a instalación de toldos para gardar do calor ao CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Xesús Vázquez Abad explicou ademais que o seu departamento apoiou ao centro para a renovación do equipamento danado durante unha tormenta, o que supón unha achega de preto de 12.000 euros

Ven, 30/01/2015 - 13:17
A Consellería de Cultura e Educación rematará este ano a instalación de toldos p
A Consellería de Cultura e Educación rematará este ano a instalación de toldos para gardar do calor ao CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria , Xesús Vázquez Abad, visitou hoxe o CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso, onde lle anunciou á comunidade educativa que está previsto completar este ano a instalación de toldos para evitar a calor nas aulas. Cómpre sinalar que esta actuación comezou xa o ano pasado, dando resposta ás demandas das familias. Ademais, o conselleiro explicou que o seu departamento apoiou ao centro para a renovación do equipamento danado durante unha tormenta, o que supón unha achega de preto de 12.000 euros.

O CEIP Amadeo Rodríguez Barroso foi remodelado por completo nos anos 2009 e 2010. Desde entón o centro tense implicado nas diferentes iniciativas postas en marcha pola Consellería, tales como o proxecto Abalar, o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, ou os contratos –programa, nos que participou o curso pasado nas liñas de Reforzo, orientación e apoio e na de Mellora da Convivencia. Ademais, o CEIP pertence á Rede de Centros Plurilingües, polo que conta cunha auxiliar de conversa estadounidense. Deste xeito, o investimento da Consellería neste centro, tanto contando a remodelación e as pequenas melloras realizadas desde aquela como os devanditos programas educativos, achégase aos 4 millóns de euros.