Título node Learning object
Estas instrucións van dirixidas a aqueles e aquelas auxiliares de conversa en activo durante o curso 2014-2015 que desexen renovar no programa durante o curso 2015-2016.
1. Criterios de selección e prazo de inscrición
- Consideraranse "solicitudes de renovación" as presentadas por as persoas auxiliares que cumpran estas dúas condicións:
- Estar en activo no programa durante o curso 2014-2015.
- Ser seleccionadas polo Organismo educativo correspondente no seu país de orixe ou tramitar a súa solicitude a través das oficinas das Consellerías de Educación de España no exterior.
- Os e as candidatas que non reúnan estas dúas condicións deberán presentar a súa solicitude de participación no programa para o curso 2014-2015 como "candidatos novos".
- A renovación non é automática. Débese ter en conta que o programa de Auxiliares de Conversa favorece as novas candidaturas e que os criterios de renovación varían segundo o país de orixe do candidato, polo que non se pode garantir a renovación de todos os candidatos.
- Debido ás diferentes características dos acordos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte coas autoridades educativas dos países participantes no programa, os criterios e o procedemento para solicitar a renovación varía segundo o país de orixe dos auxiliares, tal e como se describe a continuación:
- Auxiliares de China, Italia e Portugal: NON poderán renovar.
- Auxiliares de Alemaña, Austria e Reino Unido. Solicitarán a renovación a través do organismo educativo correspondente no seu país de orixe na forma e prazo que estipule:
- Alemaña a través de Pädagogischer Austauschdienst (PAD) der Kultusministerkonferenz
- Austria a través do Servicestelle für Mobilitätsprogramme deas BMUKK
- Reino Unido a través do British Council
Ver direccións de contacto no documento Direccións de contacto en países 2014-15 na páxina web do Programa de Auxiliares de Conversa Estranxeiros en España.
3. Auxiliares de Australia, Bélxica (francés e inglés), Canadá, Estados Unidos, Filipinas, Finlandia, Francia, Holanda, Irlanda, e Nova Zelandia
Deberán solicitar a renovación a través da aplicación Profex seguindo o procedemento que se explica nos apartados 2 e 3.
Prazo: desde 7 de xaneiro ao 7 de abril 2015
O prazo de inscrición en Profex para candidatos renovadores destes países comezará ás 00:01 horas do 7 de xaneiro de 2015 e finalizará ás 23:59 horas do 28 de febreiro (hora española: GMT+1). As solicitudes de renovación de 1er ano que se inscriban en Profex durante este prazo terán carácter preferente. Pasado este prazo, estes auxiliares poderán inscribir as súas solicitudes ata o 7 de abril, pero a súa adxudicación xa non terá carácter preferente, senón de acordo co seu nº de solicitude, coma se fosen novos candidatos ou renovadores de 2º, 3º ou máis anos. Esta distinción de prazos non se aplica aos auxiliares de Francia e Irlanda, que poderán presentar a súa solicitude de renovación en calquera momento ata o 7 de abril.
- Os e as auxiliares deberán consultar as Comunidades Autónomas que poderán solicitar en función da súa nacionalidade e idade, de acordo coa información que se recolle no documento Aspectos a ter en conta para a elección de destino na páxina web do programa.
2. Procedemento de solicitude
Os candidatos dos países indicados no grupo 3 do apartado anterior deben solicitar a renovación a través de Profex, accesible desde https://sede.educacion.gob.es/profex , dentro do prazo sinalado e tendo en conta o seguinte:
- Ao principio do proceso de inscrición a aplicación preguntará se se trata dunha solicitude "nova" ou de "renovación". É importante distinguir, xa que o formulario é distinto.
- Deberán achegar a seguinte documentación en Profex:
- Informe favorable do centro (modelo dispoñible en galego ou en castelán) -asinado polo director ou directora da escola na que o candidato realiza funcións de auxiliar de conversa- co selo do centro. Para iso, empregarase preferiblemente o modelo colgado nesta páxina web. Os auxiliares deberán escanear devandito documento, unha vez cumprimentado polo seu centro escolar, e achegalo ao apartado correspondente da súa solicitude en Profex.
- Carta de motivación en español de non máis de 300 palabras.
- Unha vez completado o proceso de inscrición, a aplicación xerará un impreso de solicitude de dúas páxinas en formato pdf. Os auxiliares e as auxiliares deberán asinar este documento e envialo dentro do prazo marcado á administración que corresponda, de acordo coas indicacións do apartado 3.
Se a solicitude reúne os requisitos que marca a convocatoria e o informe do centro achegado é correcto, pasará de figurar como “Inscrita” a ter o status de “Admitida”. O feito de que unha solicitude figure como “Admitida” indica que se realizaron con éxito os trámites para solicitar a renovación, pero en ningún caso que se concedeu a renovación.
A data de comunicación ao interesado sobre a posible renovación varía en gran medida dependendo do país de orixe do candidato, podendo prolongarse ata o verán.
Importante saber que o/a candidato/a terá de prazo 5 días para aceptar ou renunciar ao seu destino (Profex indicará ese tempo na mensaxe de adxudicación de destino).
3. Direccións de envío de solicitudes
A folla de solicitude é o único documento que hai que enviar. O informe do centro e a carta de motivación non se envían, simplemente achéganse á solicitude en Profex.
AUXILIARES DA COTA DE GALICIA
(Auxiliares que reciben a axuda mensual da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2014-2015)
1.- Auxiliares que desexen renovar en Galicia
A solicitude, impresa de Profex, para renovar en Galicia, a mesma Comunidade Autónoma na que o Auxiliar estivo destinado no curso 2014-2015 deberase enviar a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
Programa de Auxiliares de Conversa
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Edificio Administrativo - San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Así mesmo, é necesario cubrir este formulario en liña: http://goo.gl/forms/3R9PcYi6ba
2.- Auxiliares que desexen renovar noutra Comunidade Autónoma
A solicitude, impresa de Prodex, para renovar nunha Comunidade Autónoma distinta á que o Auxiliar estivo destinado no curso 2014-2015 debe enviarse á seguinte dirección do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte :
Programa de Auxiliares de Conversación Extranjeros
• A la atención de Itziar Alberdi (Auxiliares de Australia, Bélgica (inglés), Canadá, Estados Unidos, Finlandia, Nueva Zelanda y Países Bajos).
• A la atención de Victoria Hernández (Auxiliares de Bélgica (francés), Francia e Irlanda).
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Paseo del Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid
Correos-e de contacto:
• Itziar Alberdi: auxiliares.extra@mecd.es
• Victoria Hernández: victoria.hernandez@mecd.es
AUXILIARES DA COTA MINISTERIO
(Auxiliares que reciben a axuda mensual da Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2014-2015)
As solicitudes de todos os e as Auxiliares que reciben a axuda mensual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte durante o curso 2014-2015 deben enviarse á seguinte dirección do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:
Programa de Auxiliares de Conversación Extranjeros
(A la atención de Victoria Hernández, despacho 524)
Subdirección General de Promoción Exterior Educativa
Paseo del Prado, 28, 5ª planta
28014 Madrid
Correo-e de contacto: victoria.hernandez@mecd.es
Soporte en Profex:
- Apoio ás consultas de tipo informático da aplicación Profex: profex.soporte@mecd.es.
- Apoio ás consultas sobre aspectos relacionados co funcionamento do programa, escribir a auxiliares.extra@mecd.es ou chamar ao número de teléfono 91 506 5640 / 91 506 5716