Título node Learning object
Premio Mapfre á mellor iniciativa en prevención e seguridade viaria
Ven, 12/12/2014 - 10:38
A Fundación Mapfre acaba de convocar os seus premios sociais. Entre as 4 categorías que distingue, ofrece a posibilidade de poñer en valor as iniciativas destacadas no ámbito da seguridade viaria. O "Premio a la Mejor iniciativa en Prevención y Seguridad Vial" ten como finalidade recoñecer unha contribución de iniciativas privadas ou colectivas á redución efectiva da sinistralidade.
Destinatarios: persoas ou entidades (públicas ou privadas) cunha contribución relevante na prevención e redución dos accidentes de tráfico.
Dotación: 30.000 €
Prazo: 1 de febreiro de 2015