Cultura e Educación porá en marcha o primeiro proxecto de FP Dual no CIFP As Mercedes do ciclo de electromecánica de maquinaria, de nova e única implantación en Galicia

O prazos de presentación de solicitudes para inscribirse neste ciclo estará aberto ata ás 13:00 horas do día 17 de decembro

Mér, 03/12/2014 - 13:10
 Cultura e Educación porá en marcha o primeiro proxecto de FP Dual no CIFP As Me
Cultura e Educación porá en marcha o primeiro proxecto de FP Dual no CIFP As Mercedes do ciclo de electromecánica de maquinaria, de nova e única implantación en Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá en marcha en xaneiro o primeiro proxecto de Formación Profesional Dual no CIFP As Mercedes, do que se beneficiarán 15 alumnas e alumnos que se matriculen no ciclo de grao medio en Electromecánica de Maquinaria, un ciclo de nova implantación que se ofertará por primeira vez nesta ocasión. A presentación de solicitudes estará aberta ata o 17 de decembro e poderá facerse nalgún dos seguintes centros: CIFP Someso, IES A Sardiñeira, CIFP As Mercedes, CIFP Politécnico de Santiago, IES Universidade Laboral, CIFP Carlos Oroza, CIFP Manuel Antonio, IES Politécnico de Vigo, IES A Guía e IES Ricardo Mella. Os requirimentos poden consultarse na convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, que pode verse neste enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141203/AnuncioG0164-261114-0002_gl.html.

‘José Estévez As Ferreiras, S. L.’, ‘Maquinaria Agrícola del Noroeste, S.L’ e ‘Agrobarreiro S.L.’ serán as empresas participantes neste proxecto, que terá dous cursos de duración, de xaneiro de 2015 a setembro de 2017. Ao longo deste período as alumnas e alumnos dedicarán o primeiro trimestre de cada curso a adquirir formación no CIFP As Mercedes, mentres que a estadía nas devanditas empresas se realizarán nos segundos e terceiros trimestres de cada curso. Cómpre sinalar que, atendendo ás características da empresa, o primeiro ano de vixencia deste proxecto dedicarase un 10 % do tempo de estadía do alumnado na empresa a formación complementaria á establecida no currículo do ciclo formativo correspondente, para reforzar a formación do alumnado e mellorar a súa empregabilidade. No segundo ano, esta porcentaxe será do 5 %.

A remuneración do alumnado durante o tempo de actividade profesionalizante nas empresas realizaranse a través dunha bolsa, que non suporá ningún tipo de vínculo laboral.