Listaxe provisional de admitidos nos procedementos de recoñecemento da formación federativa de fútbol/ fútbol sala regulados pola Orde do 27 de xuño de 2014

Xov, 27/11/2014 - 17:12

Xúntase a Listaxe provisional de admitidos nos procedementos de recoñecemento da formación federativa de fútbol/ fútbol sala regulados pola Orde do 27 de xuño de 2014 pola que se regula para a Comunidade Autónoma de Galicia o procedemento de recoñecemento das formacións de adestradores/as deportivos/as nas modalidades de fútbol e fútbol Sala, realizadas entre o 15 de xullo de 1999 e o 9 de novembro de 2007 ( DOG. do 9 de xullo) e pola corrección de erros a esta Orde publicada o 20 de outubro de 2014"

  • Os aspirantes ao recoñecemento da formación federativa de adestrador rexional e nacional, que non presentaron a documentación correctamente, deberán achegar os documentos requiridos no centro onde fixeron a solicitude ata o a 12 de decembro de 2014.
  • Os aspirantes que non presentaron a documentación para o recoñecemento da formación de instrutor de fútbol/fútbol sala base, deberán achegar esta ata o día 12 de febreiro de 2016.
  • Para resolver dúbidas en relación ao procedemento, poderanse dirixir ao enderezo electrónico sxea@edu.xunta.es