O conselleiro de Cultura e Educación reuniuse con representantes da Universidade Internacional Menéndez Pelayo
Ven, 21/11/2014 - 19:50
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mantivo esta tarde un encontro de traballo con representantes da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).
Na xuntanza participaron o reitor desta institución académica, César Nombela; o seu director en Galicia, Domingo Bello Janeiro; e Fernando de Saavedra.