Máis de 195.000 escolares comenzarán o curso de educación infantil e primaria o vindeiro venres
Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 65.572 alumnos e alumnas, e nos de educación primaria son 130.408
O vindeiro venres 10 de setembro comezarán as clases nos ciclos de educación infantil e primaria para 195.980 alumnos e alumnas. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resalta que no ano 2010/2011 nas aulas galegas haberá un aumento de case 2.500 estudantes, onde un centenar do alumnado sen nacionalidade española estudará en ambos ciclos.
Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia 65.572 alumnos e alumnas comezarán o venres 10 de setembro as aulas de educación infantil. Deles 27.653 están matriculados na provincia de A Coruña; mentres que 25.288 son de Pontevedra; 6.439 de Lugo e 6.192 de Ourense.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
|
Centros públicos |
Centros privados non concertados |
Centros privados concertados |
A Coruña
|
19.416 alumnos
|
1.004 alumnos
|
7.233 alumnos
|
Lugo
|
4.654 alumnos
|
94 alumnos
|
1.691 alumnos
|
Ourense
|
3.964 alumnos
|
121 alumnos
|
2.107 alumnos
|
Pontevedra
|
17.193 alumnos
|
400 alumnos
|
7.695 alumnos
|
Total
|
45.227 alumnos
|
1.619 alumnos
|
18.726 alumnos
|
O aumento de matriculacións en educación infantil está especialmente reflectido nos centros de ensinanza pública, onde están matriculados 397 novos estudantes.
|
2009/2010
|
2010/2011
|
Centros públicos |
44.830 alumnos
|
45.227 alumnos
|
Centros privados non concertados |
1.589 alumnos
|
1.619 alumnos
|
Centros privados concertados |
18.754 alumnos
|
18.726 alumnos
|
Total
|
65.173 alumnos
|
65.572 alumnos |
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español incrementouse lixeiramente respecto do curso anterior.
|
2009/2010
|
2010/2011
|
A Coruña
|
604 alumnos
|
606 alumnos
|
Lugo
|
232 alumnos
|
185 alumnos
|
Ourense
|
185 alumnos
|
107 alumnos
|
Pontevedra
|
551 alumnos
|
685 alumnos
|
Total
|
1.572 alumnos
|
1.583 alumnos
|
Educación Primaria
Por outra banda 130.408 alumnos e alumnas tamén comezaran o vindeiro venres as clases de educación primaria en Galicia. Por provincias 53.598 están matriculados en A Coruña; 13.253 en Lugo; 12.544 en Ourense e 51.013 en Pontevedra.
|
Centros públicos |
Centros privados non concertados |
Centros privados concertados |
A Coruña
|
37.773 alumnos
|
1.293 alumnos
|
14.532 alumnos
|
Lugo
|
9.726 alumnos
|
235 alumnos
|
3.292 alumnos
|
Ourense
|
8.177 alumnos
|
181 alumnos
|
4.186 alumnos
|
Pontevedra
|
34.750 alumnos
|
945 alumnos
|
15.318 alumnos
|
Total
|
90.426 alumnos
|
2.654 alumnos
|
37.328 alumnos
|
As
aulas de educación primaria nos centros públicos terán matriculados 1979 novos alumnos, un incremento moi superior o dos centros privados concertados e non concertados.
|
2009/2010
|
2010/2011
|
Centros públicos |
88.447 alumnos
|
90.426 alumnos
|
Centros privados non concertados |
2.582 alumnos
|
2.654 alumnos
|
Centros privados concertados |
37.332 alumnos
|
37.328 alumnos
|
Total
|
126.361 alumnos
|
130.408 alumnos
|
No caso da educación primaria o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española aumentou respecto do ano pasado en case un centenar de estudantes.
|
2009/2010
|
2010/2011
|
A Coruña
|
2.160 alumnos
|
2.380 alumnos
|
Lugo
|
886 alumnos
|
722 alumnos |
Ourense
|
691 alumnos
|
336 alumnos |
Pontevedra
|
2.118 alumnos
|
2.511 alumnos
|
Total
|
5.855 alumnos
|
5.949 alumnos
|
Centros escolares e persoal docente
Dende o 10 de setembro 1.016 centros impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria, o que significa que:
|
A Coruña
|
Lugo
|
Ourense
|
Pontevedra
|
Galicia
|
Educ. Infantil
|
79
|
7
|
7
|
89
|
182
|
Educ. Primaria e Infantil(1) |
256
|
96
|
91
|
220
|
663
|
Educa. Primaria e Secundaria(2) |
55
|
25
|
22
|
69
|
171
|
Total
|
390
|
128
|
120
|
378
|
1.016
|
(1) Inclúen os centros que imparten exclusivamente o primeiro ciclo de educación infantil.
(2) Inclúense os centros que imparten o segundo ciclo de educación infantil.
Para o curso 2010/2011 están previstas 31.375 prazas de persoal docente na ensinanza con titularidade pública. Destas 15.086 correspóndense con mestres, seguidos por profesorado de Educación Secundaria con 12.279. O resto de postos cúbrenos o profesorado técnico de Formación Profesional (2.180), os docentes de relixión (580 prazas en Primaria, 405 en Secundaria) e outro tipo de profesorado (845).
No tocante ao ensino privado, o número de prazas é de 7.779, repartidas en 7.587 de ensinanzas de réxime xeral, e 192 de ensinanzas de réxime especial.
Xa na educación concertada, o número de docentes previstos para o curso 2010/2011 é dun total de 5.321. Deles, a maior parte so de Educación Primaria (2.252) e Infantil (879).
Evolución na matriculación
Deste xeito para o curso 2010/2011 nas aulas galegas de educación infantil haberá matriculados 399 nenos e nenas que no pasado curso, mentres que no caso de educación Primaria o incremento será de 2.047 novos estudantes.
Ademais a Consellería de Educación recorda que o vindeiro 17 de setembro darán comezo as clases de educación secundaria para preto de oitenta e sete mil estudantes.
Servizos complementarios
O mesmo día do comezo de curso escolar, tanto nos ciclos de infantil como de primaria, empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Ademais a Consellería de Educación continuará o vindeiro curso a apoiar o servizo complementario de comedor escolar incrementando nun 10% sobre o ano anterior o importe das achegas económicas destinadas ao cofinanciamento dos comedores xestionados polas asociacións de nais e pais (ANPAS) de alumnos e alumnas de centros públicos non universitarios.
A Consellería de Educación volve deste xeito demostrar o seu interese polo benestar dos estudantes galegos, e pesar da complicada situación económica que se vive nestes momentos fai un esforzo a prol das alumnas e alumnos, incrementando as axudas por segundo ano consecutivo, e ademais aumentando o seu alcance.
Así, no ano académico 2010-2011 haberá máis de 1,2 millóns de euros para apoiar estas asociacións e axudalas a sufragar o custo do menú, a vixilancia e coidado dos alumnos, en especial daqueles con necesidades específicas, e o desenvolvemento de programas de promoción da saúde e habilidades persoais nos comedores.
Ademais, e por primeira vez este ano, estas achegas económicas poderán destinarse a sufragar os gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.
Este é o segundo curso consecutivo no que a Consellería de Educación incrementa o importe desta axudas, que xa se viron aumentadas nun 10% no pasado ano escolar 2009-2010; e supoñen un 20% máis da contía existente no momento de cambio da lexislatura.