Educación, Sanidade e os reitores das universidades galegas reunénse na busca dun acordo sobre a docencia de Medicina
O encontro serviu para intercambiar propostas para a ordenación da docencia desta titulación entre a Xunta e os representantes de Santiago, A Coruña e Vigo
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, xunto á de Sanidade, mantiveron hoxe un encontro coas tres universidades galegas,no que estiveron a traballar sobre as solucións para o conflito xerado pola titulación de Medicina. Así, o secretario xeral de Universidades, Jose Alberto Díez de Castro; e a subdirectora do mesmo departamento, Beatriz Soutelo; a xerente do Sergas, Rocio Mosquera; e Javier Paz, subdirector de Innovación, Docencia e Investigación do Sergas; recibiron en San Caetano a Senen Barro, José María Barja e Alberto Gago, reitores das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, respectivamente.
Os reitores acudiron á este encontro, convocado pola Xunta desde o pasado 4 de xaneiro, e nel os representantes das universidades recibiron un documento con dezaoito puntos sobre os que traballar para solucionar todo en torno a docencia de Medicina, e pola súa banda os reitores tamén achegaron as súas propostas. O texto da Xunta abarca os principios xerais do acordo de docencia para as actividades que se deben levar a cabo no presente curso académico, e as que se terán que desenvolver no 2010-2011, así como os convenios de colaboración entre as universidades.
Bases comúns
Tras a primeira lectura de ambos documentos concluiuse a existencia de bases comúns sobre as que traballar de cara a vindeiros encontros. O rematar da xuntanza acadouse ó compromiso de que as Universidades e a Xunta redactarán un texto no que se recollan os principios de ambos proxectos nun só documento, e confiase en ter todo cerrado para finais do presente mes.
Ao longo da maña debatéronse as actividades que se levarán a cabo a medio prazo. Entre elas esta a proposta da Xunta de que se asinen convenios marco e específicos de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e as da Coruña e Vigo. O obxectivo é desenvolver acordos que permitan a colaboración interuniversitaria. Isto permitiríaser máis eficientes na organización dos recursos do SUG e tamén doutros de tipo externo que poidan ser necesarios para a formación dos estudantes -como ocorre cos hospitais-, abríndose un novo marco de colaboración a nivel docente entre as universidades galegas, sen que isto supoña un menoscabo da autonomía, a identidade e a singularización de cada universidade do sistema.
A Xunta aplaude que clima de diálogo mostrado onte polos reitores mantivérase hoxe. Ao mesmo tempo desde a administración confiase en acadar un acordo final o antes posible, polo ben dos estudantes e das propias universidades, de modo que a educación sexa a gran beneficiada dos acordos tomados entre todos os axentes implicados. Unha vez acadado un consenso cumprirase cunha máxima da actual Xunta que ten entre os seus obxectivos prioritarios lograr en Galicia unha universidade global.