O conselleiro de Educación intervén no relatorio da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, en Bamio, Pontevedra

O tema do encontro, que rematará o sábado 4 de setembro, xira en torno á “A universidade que nos agarda, encontro cos novos estudantes universitarios de Galicia

Mér, 01/09/2010 - 12:59
O conselleiro de Educación
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad na inauguración do encontro da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), que se celebra en Bamio (Pontevedra)

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad asistiu hoxe pola maña á inauguración do encontro da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), que se celebra en Bamio (Pontevedra), en torno a “A universidade que nos agarda, encontro cos novos estudantes universitarios”.

Esta é a sexta edición deste curso que se que se organiza no Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio, pertencente ao Instituto Social da Mariña e durará ata o sábado 4 de setembro. Trátase dunhas xornadas nas que os futuros universitarios se achegarán á realidade que, moi pronto, os espera nas súas respectivas facultades.

A Consellería de Educación colaborou con este acto aportando unha achega económica para a organización e realización do mesmo. Con esta nova acción demostrase o interese por apoiar iniciativas a prol da educación, a pesares da complicada situación económica que se esta a vivir.

Os mellores no bacharelato

No encontro estarán presentes os 54 mellores expedientes de Bacharelato de Galicia, que o próximo 13 de setembro comezan os estudos de Medicina, Bioloxía, Administración de Empresas, Historia, Historia del Arte, Periodismo, Economía, Física, Filoloxía Clásica, Dereito, Maxisterio Infantil, Enfermería, Tradución e Interpretación, Relaciones laborais, Arquitectura, Biotecnoloxía, Deseño Industrial, Fisioterapia, e enxeñerías: Industrial, química, electrónica, mecánica, de minas e civil.

A todos eles dirixiuse o conselleiro na intervención inicial e lles deu a benvida recórdanlles que “tendes por diante unha das etapas máis bonitas das súas vidas, a vida como universitarios que vos proporcionará experiencias útiles no voso devenir futuro. Como conselleiro confío na vosa vontade para seguir aproveitando a oportunidade que agora se vos abre ante vós, e da que recibiredes unha visión xeral nos vindeiros días”, asemade Vázquez Abad agradeceu a UIMP que “estas actividades se volvan a desenvolver, un ano máis, nas instalacións de Bamio, en Vilagarcía”.

Xunto ao conselleiro estiveron o director da UIMP en Galicia, Xosé Luís Barreiro Rivas, e o director do curso, Miguel Anxo Rego; a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García; e o delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro. Ademais á xornada de hoxe asistiu o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato.

O novo sistema universitario

Xesús Vázquez Abad recordou que as universidades galegas, ao igual que o resto do sistema universitario español, viviron nos últimos anos un proceso de adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), que comezou coa sinatura da Declaración de Boloña no 1999. Isto significa a homologación dos estudos universitarios en Europa e a creación dun espazo aberto para estudantes, profesores, persoal da administración e titulados. En total 46 países europeos están adheridos ao EEES.

Asemade o conselleiro sinalou que “este novo sistema facilita o acceso dos universitarios ás oportunidades de estudo e formación, ao tempo que favorece a empregabilidade e a competitividade dos titulados”. Vázquez Abad engadiu que deste xeito mellorase a calidade da docencia e a investigación a través dun novo sistema.

Catro intensos días

Este curso é o sexto que se organiza no Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio, pertencente ao Instituto Social da Mariña. Ao longo destes días asistiran José María Barja e Juan Casares Long reitores das Universidades da Coruña e Santiago respectivamente, que participaran no encontro o xoves e o venres.

Entre os relatores tamén estarán o presidente de Bluesens, José Ramón García; o pintor Alfonso Costa, a actriz e narradora Paula Carballeira; Roberto Blanco Valdés, profesor na Facultade de Dereito de Santiago; Jorge Parada Mejuto, da dirección provincial do ISM; ou Ramón Villares Paz, presidente do Consello da Cultura Galega. O secretario xeral de Universidades da Consellería de Educación, José Alberto Díez de Castro, será o encargado de clausurar o curso o sábado a mediodía.