A Formación Profesional gaña peso no sistema educativo galego
As solicitudes de acceso a ciclos de FP incrementáronse un 7,6%
A Formación Profesional continuará a medrar en Galicia o vindeiro curso académico, grazas á estratexia de posta en valor e reorganización destas ensinanzas que vén desenvolvendo a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Así o explicou o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira, que adiantou esta mañá en rolda de prensa os datos provisionais da FP para o ano académico 2010/2011.
Segundo as estatísticas dispoñibles, con cifras que aínda poden verse incrementadas despois do prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 13 de setembro, a FP volverá ser un itinerario formativo de peso no sistema educativo galego. Así, está previsto que o vindeiro curso medre o número de matriculados en ciclos formativos en arredor de 1.000 persoas, fronte á diminución de alumnos que se prevé en outros niveis educativos. Deste xeito, a Comunidade Autónoma continúa a progresar na tendencia da Unión Europea – cunha media do 60% dos estudantes matriculados en FP- e da OCDE -40%-, onde a porcentaxe de persoas que cursan FP é claramente superior á da que se deciden polo Bacharelato.
Oferta
A oferta de ciclos formativos do sistema educativo de Galicia para 2010/2011 está formada por 103 títulos diferentes de FP, 39 de grao medio, e 64 de grao superior; o que supón impartir 745 ciclos en réxime ordinario -409 de grao medio e 336 de grao superior- nos 252 centros que teñen autorizadas estas ensinanzas.
O director xeral de Educación lembrou tamén que a oferta formativa está adaptada ás necesidades socioeconómicas, xa que o pasado curso se axustaron outros 20 títulos de FP á Lei orgánica de educación (LOE) e á Lei das cualificacións e a formación profesional, co que se reforzan os contidos e a inserción laboral do estudantado. Ademais, Educación está a traballar na adaptación de 8 novos títulos, cuxos currículos serán publicados nas vindeiras semanas.
Solicitudes e matriculacións
Respecto do número de solicitudes, resalta o incremento do 7,6% da demanda de FP, con 8.912 solicitudes para ciclos de grao medio e 7.659 para grao superior. En canto aos Programas de Formación Profesional Inicial (PCPIs), arredor de 3.300 alumnos cursarán estes estudos.
Xa no que toca ás cifras provisionais de matrícula, está previsto que 34.939 galegas e galegos cursen estudos de FP en réxime ordinario e PCPIs o vindeiro curso, 1.044 máis que no ano anterior.
Empregabilidade
Durante a súa intervención, o director xeral de Educación lembrou o traballo realizado nos últimos meses para impulsar a FP, coa publicación do novo Decreto de ordenación da FP, que regula estas ensinanzas no ámbito da comunidade autónoma, que permite unha maior flexibilidade das ofertas formativas, con módulos de menor duración que permitan a posibilidade de combinar o estudo coa actividade laboral ou obrigas familiares, facilitando a formación ao longo da vida dos galegos e galegas.
Así mesmo, a oferta incorporará formación en linguas estranxeiras, novas tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) e prevención de riscos laborais.
Ademais, a Consellería está a traballar para adaptar os ciclos formativos ás necesidades de cualificación do tecido socioprodutivo galego. Deste xeito dáse impulso á FP como porta de acceso ao mundo do traballo. Segundo un estudo elaborado recentemente pola Consellería o pasado mes de maio para coñecer a situación laboral das persoas tituladas de FP, revela que o 84,6% das obtiveron o seu primeiro emprego antes dos 6 meses. "A esta gran potencialidade da FP –destacou o director xeral- contribúen sen dúbida tanto a implicación dos magníficos profesionais docentes; como a colaboración das empresas". Só no curso 2009/2010, arredor de 6.100 empresas colaboraron coa impartición de ciclos de FP, ofertando 5 millóns de horas de Formación en Centros de Traballo na que participaron 12.000 alumnas e alumnos, o que redunda na mellora da cualificación dos profesionais para enfrontarse ao mercado laboral e que sitúan á FP como un dos catalizadores para o cambio de patrón competitivo do que está necesitada a economía de Galicia.
Impulso á innovación
Como obxectivos de futuro, o director xeral de Educación sinalou o fomento do emprendemento, a ampliación da rede de Centros Integrados de FP, a promoción dun sistema de información e orientación profesional, e o desenvolvemento do procedemento de acreditación de unidades de competencia.
Deste xeito, reafirmou o compromiso decidido da Consellería de Educación de implementar progresivamente un sistema de mellora continua da calidade no sistema de FP, e promover a cultura de aprendizaxe permanente para que as persoas poidan afrontar con éxito os cambios na sociedade e no mercado laboral.
Resumo de datos de ciclos de grao medio de réxime ordinario por familia (ano 2010-2011, para o primeiro curso)
Familia |
Nº de ciclos |
Prazas |
Solicitudes |
Actividades físicas e deportivas |
5 |
109 |
135 |
Administración e xestión |
73 |
2195 |
925 |
Agraria |
13 |
312 |
171 |
Artes gráficas |
10 |
240 |
206 |
Comercio e márketing |
30 |
872 |
294 |
Edificación e obra civil |
2 |
44 |
3 |
Electricidade e electrónica |
63 |
1496 |
834 |
Fabricación mecánica |
24 |
571 |
549 |
Hostalaría e turismo |
18 |
534 |
523 |
Imaxe e son |
3 |
73 |
84 |
Imaxe persoal |
19 |
440 |
521 |
Industrias alimentarias |
9 |
204 |
85 |
Informática e comunicacións |
17 |
462 |
513 |
Instalación e mantemento |
15 |
330 |
371 |
Madeira, moble e cortiza |
10 |
243 |
156 |
Marítimo-pesqueiras |
9 |
202 |
163 |
Química |
6 |
132 |
126 |
Sanidade |
32 |
1009 |
2067 |
Servizos socioculturais e á comunidade |
6 |
136 |
176 |
Téxtil, confección e pel |
2 |
44 |
33 |
Transporte e mantemento de vehículos |
43 |
1018 |
977 |
|
409 |
10666 |
8912 |
Resumo de datos de ciclos de grao superior de réxime ordinario por familia (ano 2010-2011, para o primeiro curso)
Familia |
Nº de ciclos |
Prazas |
Solicitudes |
Actividades físicas e deportivas |
11 |
333 |
313 |
Administración e xestión |
63 |
1833 |
1033 |
Agraria |
8 |
189 |
196 |
Artes gráficas |
2 |
44 |
36 |
Comercio e márketing |
19 |
564 |
345 |
Edificación e obra civil |
16 |
464 |
217 |
Electricidade e electrónica |
41 |
954 |
506 |
Enerxía e auga |
2 |
50 |
202 |
Fabricación mecánica |
11 |
253 |
111 |
Hostalaría e turismo |
23 |
626 |
397 |
Imaxe e son |
7 |
156 |
422 |
Imaxe persoal |
7 |
154 |
140 |
Industrias alimentarias |
2 |
44 |
7 |
Informática e comunicacións |
29 |
832 |
432 |
Instalación e mantemento |
12 |
280 |
208 |
Madeira, moble e cortiza |
3 |
66 |
20 |
Marítimo-pesqueiras |
8 |
194 |
128 |
Química |
10 |
237 |
203 |
Sanidade |
34 |
780 |
1407 |
Servizos socioculturais e á comunidade |
18 |
551 |
1130 |
Téxtil, confección e pel |
1 |
22 |
11 |
Transporte e mantemento de vehículos |
9 |
199 |
195 |
|
336 |
8825 |
7659 |
Solicitudes para ciclos de Formación Profesional
|
Ciclos de grao medio |
Ciclos de grao superior |
Curso 2007-2008 |
5.945 |
5.143 |
Curso 2008-2009 |
7.343 |
6.342 |
Curso 2009-2010 |
8.626 |
6.780 |
Curso 2010-2011 |
8.912 |
7.659 |
Alumnado matriculado en Formación Profesional
Ciclos |
Curso 2009/2010 |
Curso 2010/2011 |
Grao medio |
15.955 |
16.072 |
Grao superior |
15.453 |
15.567 |
PCPIs |
2.487 |
3.300 |
Total |
33.895 |
34.939 |
Declaracións do director xeral de Educación, Formación Provisional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira (1)
Declaracións do director xeral de Educación, Formación Provisional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira (2)
Declaracións do director xeral de Educación, Formación Provisional e Innovación Educativa, Jose Luis Mira (3)