O curso comeza con total normalidade nas catro provincias galegas para máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e de ensinanzas de réxime especial
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria non rexistrou ningunha incidencia nos centros educativos
Máis de 200.000 estudantes de educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas) comezaron hoxe as clases con total normalidade nas 4 provincias galegas, segundo os datos recompilados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Cómpre lembrar que en casos como a FP aínda é posible inscribirse en algúns ciclos, polo que a matriculación aínda se pode incrementar nos vindeiros días con novas incorporacións aos centros.
Co inicio de clases de hoxe péchase o calendario de apertura dos centros educativos do curso 2014/2015 que arrincou tamén en infantil, primaria e infantil practicamente sen ningunha incidencia, o que é necesario agradecer á profesionalidade dos docentes e membros da comunidade escolar implicados na posta en marcha dos centros educativos.
Declaracións do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, sobre o inicio de curso