Máis de 200.000 estudantes de ESO, Bacharelato, FP e de ensinanzas de réxime especial comezarán o curso 2014/2015 este luns 15 de setembro
A matriculación mantense en porcentaxes similares, á espera dos datos definitivos
Algo máis de 200.000 estudantes comezarán este luns as clases na educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato, e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas), segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura e Educación. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación, especialmente no caso da FP - cuxa matriculación aínda está en moitos casos en trámite- e, en xeral en todas as ensinanzas de secundaria, non serán definitivas ata dentro dunhas semanas. De feito, o prazo de matriculación para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato rematou o día 10 de setembro.
ESO
Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, 88.529 alumnos e alumnas comezarán o curso en ESO, o que supón un 0,6% máis ca no curso 2013/2014.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 3,5% respecto do curso anterior.
Bacharelato ordinario
Por outra banda os mesmos datos provisionais que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que 30.463 alumnos e alumnas comezarán o luns as clases de bacharelato ordinario en Galicia, o que supón un 0,6% menos ca no curso 2013/2014.
No caso do bacharelato ordinario o número de alumnos e alumnas sen nacionalidade española a diferenza respecto do ano paso é dun 8,1% estudantes menos:
Ensinanzas de réxime especial
No que atinxe ás ensinanzas de réxime especial, en concreto no referido ás básicas, de secundaria e bacharelato para adultos e ao bacharelato semipresencial ou a distancia, segundo os datos provisionais o incremento do alumnado, ata os 16.287 estudantes, é do 1,4% respecto do curso 13/14.
A distribución por provincias e ensinanzas no curso 14/15 é a seguinte:
Pola súa banda, o número de estudantes nas ensinanzas artísticas increméntase con carácter xeral, atentendo aos datos, aínda provisionais. Así, o alumnado en ensinanzas regradas de música, segundo as estimacións da Consellería de acadar os 8.520 matriculados, medra nun 2,3%:
No caso das ensinanzas regradas de danza o número de matriculados é de 366, 4 máis ca no curso 13/14; mentres que nas de arte dramática haberá 165 alumnas e alumnos, 6 máis ca no ano académico anterior.
Así mesmo o alumnado matriculado en ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño medra un 3,7% ata chegar aos 1.670 estudantes. Nesta categoría inclúense as ensinanzas superiores de deseño, os ciclos formativos de artes plásticas e deseño e os estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais. Un incremento similar, do 3,2%, é o rexistrado nas ensinanzas deportivas, que acadan os 451 alumnas e alumnos.
Formación Profesional
No caso da Formación Profesional – non incluída nos devanditos 146.451 estudantes- a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que – contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, o segundo curso dos Programas de Cualificación Profesional Inicial, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos ascenda a máis de 53.700, o que suporía un incremento de máis do 5% respecto do curso 13/14.
Centros escolares
Os centros (públicos, concertados e privados) que imparten as devanditas ensinanzas quedan distribuídos do seguinte xeito:
Ademais, un total de 125 centros públicos e 70 privados imparten en Galicia ensinanzas artísticas, e ensinanzas deportivas.