Listaxe de solicitudes admitidas e excluídas provisionalmente na convocatoria de axudas posdoutorias 2014, modalidade B
Xúntanse a Listaxe de solicitudes admitidas e excluídas provisionalmente na convocatoria de axudas posdoutorias 2014, modalidade B.
En relación coas solicitudes para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa posdoutoral, modalidade B, do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2014, convocadas pola Orde do 24 de xullo de 2014 (DOG Núm. 147, do 5 de agosto de 2014), a Secretaría Xeral de Universidades, de acordo co artigo 6 da citada Orde, require, mediante este anuncio na páxina Web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.es/), ás universidades para que nun prazo de dez días naturais (do 9 de setembro ao 18 de setembro de 2014, ambos incluídos), formulen reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, achegando, se é o caso, a documentación necesaria.
Transcorrido este prazo sen que se emende ou se achegue a documentación, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición ou solicitude, de conformidade co establecido no artigo 71 e cos efectos previstos no artigo 42.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo da correspondente resolución arquivarase o seu expediente sen máis.
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas das axudas de apoio á etapa posdoutoral, modalidade B
Resolución do 24 de setembro de 2014: Adxudicación das axudas do anexo II, modalidade B (DOG)
Solicitudes desestimadas que non entran na listaxe de concedidos nin de agarda
Solicitudes que non chegaron á puntuación mínima
Resolución do 19 de abril sobre a avaliación da fase de estadía (Modalidade A)
Resolución do 26 de xullo sobre a avaliación da fase de estadía (Modalidade A)
Resolución do 28 de setembro sobre a avaliación da fase de estadía (Modalidade A)
resolución da avaliación final da modalidade A das axudas posdoutorais de 2014