Convocatoria para participar no programa Atrévete 2014/2015

Ven, 05/09/2014 - 14:53

O programa Atrévete 2014/2015, que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

O programa vai dirixido ao alumnado de 6º de primaria e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria

O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2014.

Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado tendo en conta que se asignará unha visita por nivel.