Convocatoria de bolsas destinadas aos/as estudantes universitarios/as que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2014/2015

Xov, 24/07/2014 - 08:45

Xúntase a Orde do 16 de xullo de 2014 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de bolsas destinadas aos/as estudantes universitarios/as que participan en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2014/15.

Convócanse 100 bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema Universitario de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña ou Universidade de Vigo) ou nun centro asociado da UNED en Galicia que  participe en programas de intercambio relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios, agas o Programa Erasmus.

Poderán solicitar estas axudas  os alumnos e alumnas que compran os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomado, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica nunha universidade pertencente ao SUG ou centro asociado da UNED en Galicia.
  • Ter cursados os últimos tres anos académicos nalgún centro ou universidade da Comunidade Autónoma. 
  • Os estudantes estranxeiros non  poderán realizar o intercambio con universidades do seu pais de orixe.
  • Realizar o programa de mobilidade a través da universidade ou centro asociado da UNED en Galicia

Período de solicitude:

Prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no  Diario Oficial de Galicia. Remata o 25 de agosto de 2014.

Menú Advertisement

Bolsas

Sen términos

Colectivo

Tema

Ensinanza