Adxudicación provisional do concurso de méritos específico para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta Consellería (2014)
Ven, 27/06/2014 - 10:20
Xúntase a Adxudicación provisional dos postos anunciados na Orde do 25 de marzo de 2014 (DOG do 14 de abril), pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio.
De acordo co establecido no artigo 5.3 da referida orde, publícase o baremo e adxudicación provisional dos postos ofertados na referida orde. Contra esta resolución provisional poderase presentar reclamación, no prazo de dez días naturais desde a súa publicación (do 27 de xuño ao 7 de xullo).