Xesús Vázquez Abad reúnese cos responsables de educación en Lugo para coñecer a situación na provincia

A conselleiro de Educación mantivo un encontro na delegación da Xunta en Lugo no que analizou a situación dos centros educativos e os plans de formación de cara ao vindeiro curso

Mér, 21/07/2010 - 14:11
A conselleiro de Educación mantivo un encontro na delegación da Xunta en Lugo
Xesús Vázquez Abad reúnese cos responsables de educación en Lugo para coñecer a situación na provincia

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, mantivo hoxe unha reunión na Delegación da Xunta en Lugo para analizar a situación dos centros educativos e da formación de cara ao vindeiro curso. Deste xeito continua coas reunións que está a manter nas catro provincias galegas.

A primeira hora da mañá o conselleiro reuniuse coa delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Ledo e a Unidade Técnica. Xunto a eles estiveron o secretario xeral de Educación, Jesús Oitavén, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, e técnicos do departamento de Construcións e Equipamento da Consellería.

Neste encontro, o conselleiro estivo a recabar información sobre as necesidades de centros educativos da provincia de Lugo. Deste xeito, Vázquez Abad realizou un seguimento personalizado sobre a situación educativa para o vindeiro curso no relativo tanto ás programacións como ao estado das obras de mellora. De feito, tras esta reunión o conselleiro desprazouse a distintos centros da capital lucense, así como do concello de Láncara, para comprobar ‘in situ’ a situación das instalacións e a evolución das obras de mellora.

Nos centros visitados hoxe o investimento é superior aos 330.000 euros, co que se volve a demostrar o interese da Xunta de Galicia por mellorar a calidade das instalacións educativas na comunidade. Este investimento inclúese dentro dos 5.623.980 euros que a administración destina a mellora de instalacións na provincia de Lugo no exercicio de 2010.

Planificación do vindeiro curso

A primeira parada foi no Centro de Formación e Recursos de Lugo, no que comprobou o resultado das melloras en infraestruturas e conversou co director do CFR, Ángel Rodríguez Sánchez, sobre o programa de formación planificado de cara ao curso 2010-2011.

Posteriormente, Xesús Vázquez Abad desprazouse ata o CEIP A Ponte, para comprobar as melloras realizadas de cara ao vindeiro curso. Tras isto, o conselleiro visitou o pavillón de deportes destinado para o alumnado dos IES Lucus Augusti e o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Nesta instalación está prevista a reparación da cuberta, cun investimento de 200.000 euros, e que agora mesmo esta en fase de licitación.

Melloras nas infraestruturas

Durante a visita a este recinto o conselleiro recordou que “esta obra é de gran importancia para a comunidade educativa, que precisa dunhas boas instalacións para que a formación do alumnado sexa o máis completa posible. Deste modo desde o Goberno vólvese a demostrar o interese por atender todas as demandas dos nosos usuarios tanto de índole persoal, profesional como material”.

Nun momento da visita a cidade de Lugo, Xesús Vázquez Abad explicou que todas as melloras que se están a realizar nos centros de ensino da provincia son unha mostra do compromiso da Consellería de Educación co benestar da comunidade escolar, co obxectivo de que este redunde nunha maior calidade das instalacións educativas.

O conselleiro afirmou que “a pesares da difícil situación económica que se está a vivir, o noso principal propósito é dar a comunidade educativa os mellores recursos cos que traballar, tanto materiais como humanos. Deste xeito hoxe estamos a visitar unha serie de obras que permiten que os recintos escolares continúen acollendo a alumnas e alumnos que serán o futuro desta comunidade”. Finalmente Vázquez Abad lembrou que “é certo que todas estas melloras pódense realizar grazas a eficiente xestión de recursos que se está a desenvolver desde a administración galega. Para obter un beneficio global é preciso cumprir coas necesidades da comunidade, pero dentro da realidade actual”.

Visita a Láncara

Ademais, a última hora da mañá o conselleiro achegouse ata no municipio de Láncara onde visitou o CPI Ramón Piñeiro, no que se están a realizar as reformas do salón de actos e obras varias cun investimento de case 54.000 euros. Todas estas melloras estarán rematadas para o comezo do curso 2010-2011.