Proxecto da orde pola que se autorizan as ensinanzas non regradas de cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) nos centros públicos específicos de educación e promoción de adultos e nos institutos de educación
Ven, 06/06/2014 - 15:30
De conformidade coa regulación contida no título II da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación ao exercicio da potestade regulamentaria por parte da Administración e do Goberno de Galicia, ao abeiro do artigo 42 do referido texto legal, establécese un prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte a súa publicación no portal, para que as persoas interesadas directamente ou a través das organizacións ou asociacións recoñecidas pola lei, que as agrupen ou representen, fagan as alegacións que consideren oportunas a través do correo electrónico sxpl.formacion@xunta.es