Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2014/2015
Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2014/15.
Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o 6 de xuño, ambos os dous incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.
Resolución do 22 de abril de 2014 (DOG) Listaxe definitiva de admitidos ás probas de deseño Listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso de Deseño de interiores e producto Listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso de Deseño Gráfico e Moda Listaxe definitiva de cualificacións das probas de acceso de Deseño de interiores e producto Listaxe definitiva de cualificacións das probas de acceso de Deseño Gráfico e Moda Relación definitiva de aspirantes admitidos/as a cursar as ensinanzas superiores de Deseño