A Consellería de Cultura e Educación participa no XV Concurso de Cociña e Coctalaría do IES Fraga do Eume
O centro recorda un ano mais o pasamento do profesor José Rodríguez-Moldes Rey coa organización deste acto
Segundo recordou o director xeral de Educación esta cita “é unha referencia para os centros de hostalaría galegos e, ademais, promociona os nosos produtos”
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria representada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, asistiu á XV edición do Concurso de Cociña e Coctelaría “Jose Rodríguez- Moldes Rey” organizado y celebrado no IES Fraga do Eume, de Pontedeume.
No acto, no que tamén estivo presente o xefe territorial de Educación na provincia da Coruña, Indalecio Cabana, o director xeral destacou a importancia da formación no sector da hostalería, que “un concurso que xa se converteu nunha referencia obrigada para os Centros de Hostalería de Galicia; nunha cita que promociona, ao mesmo tempo, os nosos produtos acollidos ás Denominacións de Orixe. Desde a Consellería de Cultura e Educación queremos agradecervos o traballo que estades a facer a prol dunha educación de calidade, de iniciativas que afondan na capacidade de desenvolver proxectos compartidos nos nosos centros educativos”.
Nesta XV edición na modalidade de Cociña o primeiro premio foi para Pedro Guil Soriano e José Luis Pina Faulimé, de ESENGRA, e o segundo para Carlos Redorta Guillén e Amparo Rico Couceiro, do CIFP Manuel Antonio. En Coctalaría o primeiro premio foi para Gabriel Vilar Longarela , do CIFP Compostela, e o segundo para Sonia Balado Martínez, do IES Fragasdo Eume.
Dobre certame
Un total de 9centros de formación profesional con ciclos de hostalaría participan neste certame, que chega este ano á súa décimo quinta edición, facendo homenaxe a Rodríguez-Moldes Rey, antigo profesor no centro. Sobre este docente o director xeral sinalou que “que o exemplo de quen leva o nome deste concurso nos trae unha grande esperanza para responder desde o lugar que nos corresponde ás novas dinámicas que se están formando, como resposta positiva aos retos que debemos afrontar na actualidade”.
En parellas ou de forma individual, elaboraron pratos e cócteles estudantes das 4 provincias galegas. Así, a provincia da Coruña estivo representada polos IES Paseo das Pontes, Compostela, o propio Fraga do Eume e pola Escola de Ensinanzas Elementais da Escola Naval da Graña (ESENGRA); mentres que pola de Lugo asistiron os IES de Foz, Sanxillao e o CPR Belarmino Fernández Iglesias, de Sober. A provincia de Pontevedra contou coa participación dos IES Carlos Oroza e Manuel Antonio; e Ourense co do IES de Vilamarín.
No caso do concurso de cociña, os participantes realizaron os pratos en parellas, preparando unha elaboración tradicional de pescada á romana, e unha creativa a base de lombo de porco celta. O certame de elaboración de cócteles tivo carácter individual, e nel valorouse a destreza e técnica dos participantes a partir dun receitario internacional de coctelería.
As elaboracións foron sometidas á degustación do xurado, composto por un tribunal gastronómico do que formaron parte un xornalista e crítico gastronómico, un representante da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrolterra, un responsable de empresa dedicada a distribución de produtos para hostalería, un profesor de cociña ex-alumno do IES Fraga do Eume, o xefe de cociña dun restaurante de recoñecido prestixio e un profesor de cociña e pastelaría. Doutra banda, conformaron o tribunal técnico dous cociñeiros profesionais de acreditada experiencia.
Como recoñecemento ao seu traballo os premiados recibiron un trofeo e un diploma, así como unha dotación económica, e material bibliográfico relacionado co mundo da gastronomía.
Coa participación neste certame a Consellería presta o seu apoio a iniciativas de desenvolvemento das capacidades do alumando de Formación Profesional galego, cuxa calidade está a ser recoñecida nestes certames, así como na alta empregabilidade da que gozan estes titulados.