Convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2014, co obxecto de coñecer a lingua dese país

Ven, 07/03/2014 - 08:50

Xúntase a Orde do 21 de febreiro de 2014 pola se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2014, co obxecto de coñecer a lingua dese país.

Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, 113 axudas. 

Requisitos:

1. Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar matriculado/a no curso 2013/2014, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia, en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado no momento da presentación da solicitude 60 créditos na titulación que esta a realizar .

b) Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos/as das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos/as da rama de Enxeñaría e Arquitectura. Nota media calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.

c) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

A dotación económica asignada a cada beneficiario será de 1.100 euros.

2. Quedan excluídos/as desta convocatoria

a) Os alumnos/as que xa resultasen beneficiarios/as desta axuda en anteriores convocatorias.

b) Os/as alumnos/as que durante o curso 2013/2014 sexan adxudicatarios/as dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus, sempre e cando a estadía que pretendan realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país no que se está a desenvolver o devandito programa.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dende 8 de marzo de  2014 ata o 7 de abril  de 2014.

Menú Advertisement

Bolsas

Sen términos

Colectivo

Tema

Ensinanza