A Consellería de Cultura e Educación participa na campaña Xantar Compostela para a difusión e promoción do galego desde a hostalería

Imprimíronse 100.000 manteis con catro motivos diferentes e destinados a todos os públicos que promoven o idioma e que se distribuirán en establecementos de Santiago de Compostela e comarca.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e Hostelería Compostela impulsan esta iniciativa desde o ano 2010 e este ano van facer unha edición especial coincidindo coa VI edición do Santiago é Tapas.

Ven, 22/11/2013 - 14:16
A Consellería de Cultura e Educación participa na campaña Xantar Compostela para
A Consellería de Cultura e Educación participa na campaña Xantar Compostela para a difusión e promoción do galego desde a hostalería

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na presentación da campaña Xantar Compostela a prol da difusión e promoción do galego a través da hostalería. Esta campaña quere achegar a lingua aos establecementos comerciais e aos seus clientes, asociando o idioma como valor á calidade da nosa gastronomía.

A esta nova edición de Xantar Compostela, desenvolvida en conxunto coa Asociación de Hostelería Compostela, foi presentada hoxe na sede da entidade e nela tamén es tiveron presentes os seus presidentes e o responsable de Comunicación e Márketing, Jesús Sordo e Aser Álvarez, respectivamente.

Os manteis

Un ano máis, Xantar Compostela propón achegarlles aos usuarios e usuarias en xeral a través da hostalería, en concreto a través de 100.000 manteis individuais de papel que se distribuirán en máis de 1.500 establecementos de Santiago de Compostela e comarca. Os manteis estarán decorados con catro deseños distintos co obxectivo de facelos atractivos para todos os públicos. Tal e como sinalou o propio secretario xeral de Política Lingüística “a hostalaría ten unha gran base para comunicar, e esta é unha iniciativa que achega as linguas aos comensais de todas as idades”.

Así, haberá dous deles con motivos infantís, compostos de pasatempos de contido lingüístico, nos que se empregará léxico relacionado coas comidas; outro dos deseños estará destinado ao público internacional, con palabras relativas ao mundo da cociña escritas en diversos idiomas (castelán, inglés, francés e alemán) para darlles a coñecer o idioma aos turistas e achegarlles algunhas palabras e expresións de utilidade. E, por último, haberá outro deseño destinado a un público adulto que terá sopas de letras relativas ao mundo da hostalería.

Promoción da lingua

Esta iniciativa desenvólvese de acordo co Plan xeral de normalización da lingua galega, no que a promoción do idioma no ámbito socioeconómico é un obxectivo prioritario para a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este marco propón promover a oferta positiva de atender o cliente na lingua propia de Galicia en todo tipo de empresas, especialmente aquelas que, coma as da hostalería, manteñen relacións directas cos clientes e clientas.

Menús News node R

Colectivo