Convocatoria do concurso para a elaboración da exposición sobre o autor homenaxeado polas Letras Galegas 2014
Mér, 06/11/2013 - 14:03
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, de conformidade co establecido no artigo 16 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 13, do 18 de xaneiro de 2013), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2014 (Xosé María Díaz Castro), e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.
- Prazo: os traballos pódense presentar ata o día 20 de xaneiro de 2014