Listaxe de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2013/2014

Mar, 05/11/2013 - 13:55

No curso que acaba de comezar tivo unha gran acollida a participación de centros, coordinadores e titores acreditados para a realización das prácticas do máster de Formación do Profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas.

Na Comunidade Autónoma de Galicia. Inscribínronse un total de 368 centros e 2.806 coordinadores (50 centros e 766 titores máis que no curso pasado)

En xullo de 2013 o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinou as addendas dos convenios de colaboración para a realización do prácticum do Máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas, tal como vén facendo desde o 2009. Así para este curso ofertáronse 240 prazas na Universidade de Santiago de Compostela, 195 na Coruña e 280 en Vigo.

O obxecto da publicación de hoxe, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, é publicar os resultados do procedemento de acreditación de centros, e persoas coordinadoras e titoras do curso 2013-2014 para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado.