Título node Learning object
Pau Avellaneda, profesor da Universidade Autónoma de Barcelona e investigador en mobilidade sostible e segura, ofrécenos un artigo de interese para a comunidade educativa: "Educación vial: la necesidad de un cambio de enfoque", revista Transporte Integral, nº 9 (maio-xuño 2013), Colombia.
No artigo o autor expón a necesidade de cuestionar a concepción actual da educación viaria. Sinálase que o discurso transmitido na actualidade reproduce fórmulas que acentúan a aprendizaxe dos máis pequenos como futuros condutores, dirixen os esforzos cara a autoprotección dos colectivos máis vulnerables e reforzan os privilexios dos vehículos motorizados na ocupación do espazo público. Deste xeito, esquecen atallar o problema na raíz: a educación viaria dos colectivos que producen os accidentes. Propón abordaxes que promovan un cambio de valores sociais e ambientais e un modelo de sociedade que cuestione a primacía dos vehículos de motor para conseguir unha convivencia máis respectuosa.