O conselleiro de Educación inaugura a Xornada dos Clubs de Lectura 2010 para preto de 200 asistentes
Xesús Vázquez Abad dirixiuse a asesores de bibliotecas escolares e TICs así como os responsables e coordinadores dos clubs da convocatoria do curso 2009-2010
O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, inaugurou esta mañá a Xornada dos Clubs de Lectura 2010, ante un auditorio de preto de 200 especialistas nestes espazos en centros de estudios de Secundaria.
Vázquez Abad recordou a importancia deste encontro, xa que os clubs son “unha realidade ás veces invisible, pois non ten repercusión na prensa, non dá titulares, nin é especialmente valorada nesta sociedade, máis atenta ao espectáculo e á grandilocuencia. A formación dos novos lectores é un proceso que se cociña a lume lento. É unha carreira de fondo que esixe preparación, tempo, planificación e grandes doses de relación humana”.
O conselleiro engadiu que “entre todas as actuacións dos centros educativos, co apoio das súas bibliotecas e a prol da formación dos lectores, os Clubs de lectura son unha realidade das máis interesantes e necesarias”. Así, lembrou que “van dirixidos aos adolescentes, un grupo de risco de abandono da lectura, ao que cómpre atender. É, tamén, unha das iniciativas que máis están contribuíndo a construción desa sociedade lectora, que é tan necesaria para avanzarmos como país e como colectividade”. O titular de educación destacou que durante a xornada de hoxe os asistentes poderán intercambiar vivencias que lles permitan seguir incrementando a súa calidade como profesionais e como persoas.
Ao longo do día realizaronse distintas actividades nas que estarán presentes os 177 coordinadores responsables de levar a diante os clubs de lectura seleccionados para o curso 2009-2010, e os asesores de bibliotecas tanto escolares como de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs).
Cento noventa persoas que durante esta xornada recibiran una formación específica. Ademais, a primeira hora tiveron a posibilidade de escoitar o relatorio ‘Tender unha man chea de libros’ relatorio impartido por Ana María Margallo González; profesora de lingua do departamento de didáctica da lingua, literatura e ciencias sociais da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Barcelona.
Actividades da xornada
Posteriormente realizaranse os encontros de clubs de lectura, organizados por zonas da comunidade autónoma, nos que os asistentes intercambiaran ideas e información. Así os asistentes dividíronse en sete grupos correspondentes á A Coruña, Santiago, Ferrol Lugo, Ourense, Pontevedra e Lugo.
Xa pola tarde, a primeira actividade será ‘Panel: clubs de lectura. Sinais de avance na formación dos lectores e lecturas; nos que os asesores especialistas darán a coñecer diversas actividades para sacarlle un maior rendemento a súa implicación nos clubs. A xornada será clausurada tras a intervención ‘Sobre lectura e lectores’ impartida polo escritor Benxamín Prado.
Este ano ao longo da xornada os asistentes realizarán una exposición na que mostrarán todo o material gardado e relativo ás bibliotecas escolares. O encontro anual dos Clubs de Lectura celebrase ao longo de todo o día na sede da EGAP, en Santiago de Compostela, onde hoxe tamén estiveron presentes o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, e as asesoras de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación, Cristina Novoa e Pilar Sampedro.