Máis de 145.000 alumnos e alumnas, de Galicia, comezan este luns o curso de educación secundaria, bacharelato e outras ensinanzas
Os datos para este curso mostran un lixeiro descenso na matrícula da etapa de Educación Secundaria así como no alumnado non nacionalizado español
O vindeiro luns 16 un total de 146.321 estudantes darán comezo as clases en educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial nos centros educativos galegos. O curso 2012/2013 arrincará, segundo os datos provisionais de matriculación, con 87.473 alumnas e alumnos na ESO e 30.854 en bacharelato. En disciplinas artísticas 10.561 estudantes comezan as clases do novo curso, 469 nas deportivas, e 16.964 nas ensinanzas para adultos.
Ademais este luns dan comezo as clases nos ciclos formativos de Formación Profesional e nos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) de Galicia. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación de alumnas e alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión
Educación Secundaria
Un total de 87.473 alumnos empezarán o curso en centros galegos que imparten Educación Secundaria Obrigatoria en toda Galicia. Deles 46.703 cursarán estudos de 1º e 2º da ESO, mentres que 40.770 estudarán 3º e 4º da ESO. Por provincias, A Coruña conta con 35.683 alumnos matriculados na ESO, Lugo con 9.328, Ourense con 8.654 e Pontevedra con 33.808; fronte aos 35.456; 9.466; 8.799 e 33.775 estudantes do ano pasado. Así para este curso escolar a distribución provincial segundo a titularidade dos centros é a seguinte:
Por centros públicos, privados con concerto e sen el as diferenzas respecto do curso pasado quedan do seguinte modo:
Do mesmo xeito no relativo ao alumnado non nacionalizado español, este curso suman 3.629 estudantes.
Bacharelato ordinario
Este luns tamén comezarán o curso os alumnos do bacharelato ordinario. En total 30.854 estudantes están matriculados no curso 2013-2014, en ensinanzas postobrigatorias en toda Galicia. Deles, 12.575están matriculados na provincia da Coruña, 3.247 en Lugo, 3.311 na provincia de Ourense e 11.721 en centros de Pontevedra.
Destes mesmos, na Coruña son 6.452 alumnos os matriculados no primeiro curso do bacharelato, 1.662 en Lugo, 1.751 en Ourense e 6.098 en Pontevedra. Así, suman 15.963 alumnos. No segundo curso, son 6.123 os matriculados en centros coruñeses, 1.585 en Lugo, 1.560 en Ourense e 5.623 en Pontevedra; facendo un total de 14.891 alumnos.
Por distribución provincial segundo a titularidade dos centros, a táboa é a seguinte:
Por rama do bacharelato, os datos do alumnado matriculado en Galicia para o curso 2013/2014 son os seguintes:
Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español, diminúe lixeiramente respecto do curso pasado.
Ensinanzas regradas de música
Para o vindeiro curso 2013-2014 as estimacións de alumnado para as ensinanzas regradas de música son de 8.251 matriculados, dos que 3.350 corresponden á Coruña, 1.164 a Lugo, 914 a Ourense e 2.823 a Pontevedra.
Ensinanzas regradas de danza e Arte Dramático
O alumnado matriculado en ensinanzas regradas de danza ascende neste curso a 354, e en arte dramática serán 240 as alumnas e alumnos matriculados en toda Galicia, o que supón un incremento de 11 e 77 matriculados respectivamente en comparación co curso pasado.
Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño
Para o vindeiro curso os matriculados nestas ensinanzas serán un total de 705 en Galicia, 61 máis que no curso 2012/2013.
Ensinanzas Artísticas Superiores
Nesta modalidade os matriculados son 340 máis co ano pasado, chegando aos 1.011alumnos en ensinanzas dos cales 930 corresponden a estudos de deseño e 81 a conservación e restauración de bens culturais.
Ensinanzas deportivas
En Galicia hai un total de 469 alumnos matriculados neste tipo de ensinanzas – fronte aos 434 do curso 2012/2013-, dos que 166 pertencen á Coruña, 30 a Lugo, 28 a Ourense e 245 a Pontevedra. Deles, 364 son alumnos de grao medio e 105 de grao superior.
Ensinanzas de adultos
No que atinxe ás ensinanzas para adultos, estímase que as cursarán no curso 2013/2014 un total de 16.964 persoas. Delas, 1.261 están matriculadas en ensinanzas básicas de nivel I e II, 7.139 nas de educación secundaria para adultos, 2.905 nas de bacharelato presencial e 5.659 nas de bacharelato semipresencial.
Por provincias e tipo de ensinanzas a distribución é a seguinte: