Cultura e Educación reforza as ensinanzas da FP galega na estrada a través da renovación da colaboración coa Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada
Os estudantes do ciclo medio en Carpintaría e moble, que se imparte no IES Antón Losada Diéguez da Estrada poderán realizar formación práctica nas súas instalacións
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria renovará para o vindeiro curso 2013/2014 a súa colaboración coa Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada para a formación de alumnado de FP, tras o visto e prace hoxe do Consello da Xunta.
Así, renovarase un ano mais o convenio coa Fundación, para levar a cabo nas súas instalacións, de forma compartida co IES Antón Losada Diéguez, as ensinanzas do ciclo formativo de grao medio en Carpintaría e moble durante o curso 2013-2014.
Desta forma a Consellería demostra unha vez máis o seu compromiso cunha FP galega de calidade, procurando a mellor formación práctica do seu alumnado. Neste sentido cómpre salientar que o espazo e equipamento destas fundacións permiten ao alumnado dos devanditos ciclos adquirir mellores competencias no desenvolvemento das tarefas relacionadas coas súas competencias profesionais.