A Consellería de Cultura e Educación convocará novas axudas complementarias aos universitarios e para desempregados por máis dun millón de euros

O secretario xeral de Universidades recorda que esta semana tamén se publicarán as axudas do programa de apoio á etapa predoutoral dentro do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015

Díez de Castro lembrou que os orzamentos do Sistema Universitario Galego no período 2011-15 está blindado e que se está mantendo “o financiamento pactado”

Mér, 07/08/2013 - 17:45
A Consellería de Cultura e Educación convocará novas axudas complementarias aos
A Consellería de Cultura e Educación convocará novas axudas complementarias aos universitarios e para desempregados por máis dun millón de euros

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca para o vindeiro curso académico unha serie de novas axudas para os estudantes universitarios, que contarán cun orzamento superior ao millón de euros. Así o recordou hoxe o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, nunha entrevista concedida ao programa Bos Días, da Televisión de Galicia. Asemade, o secretario xeral subliñou que o Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego blinda “os orzamentos para a universidade desde o 2011 ata o 2015.”

Durante o transcurso da mesma o representante da Consellería recordou que, por segundo ano consecutivo, convocaranse axudas complementarias ás ofrecidas polo Ministerio de Cultura e Educación que teñen como obxectivo chegar a todos os estudantes que quedan excluídos dos maiores requisitos académicos que desde o pasado curso son solicitados para o resto do Estado.

Díez de Castro asegurou que “un ano máis mantemos que todo o alumnado que obtivera entre un cinco e un cinco con cinco nas probas de acceso e cumpra cos requisitos económicos terán exención de matrícula; deste xeito a Consellería volve a cubrir o baleiro deixado polo Ministerio”, e engadiu que “melloramos as axudas para continuación de estudos, así os que superen entre o 50 e 70% dos créditos matriculados, segundo o ámbito de coñecemento, poderán manter a exención da matricula”.

Durante a entrevista o secretario xeral de universidades recordou que “desde Galicia tratamos de paliar os efectos do incremento de requisitos académicos a nivel estatal”. Así sinalou que a Consellería tamén convocará, por primeira vez, axudas para os titulados universitarios que se atopen en situación de desemprego. Serán 200.000 euros cos que se cubriran os custes da matrícula de aqueles que comecen unha titulación de master e que teñan rematados os seus estudos antes do 1 de xaneiro de 2010 e residiran en Galicia durante os tres últimos anos.

Investigación

No relativo ao campo da investigación José Alberto Díez de Castro sostivo que “somos unha referencia no campo da investigación polo mantemento das convocatorias neste eido, e traballamos coas para facer que as investigacións e as liñas que reciben financiamento estean relacionados co tecido socioeconómico galego. Deste xeito buscamos que o investimento en investigación teña un retorno dentro da comunidade”.

Neste punto é preciso destaca que nos vindeiro días publicaranse as axudas de máis de 9,4 millóns de euros para o impulso da I+D+i no Sistema Universitario de Galicia, coa concesión de 94 axudas do programa de apoio á etapa predoutoral, un 17,5% máis ca o promedio das convocadas nos anos de bonanza do Bipartito, no marco do Plan Galego de Investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C) para o ano 2013, así como para incentivar a estabilización de 23 investigadores dos programas Parga Pondal e Ramón y Cajal, mediante o abono ás universidade de tres anos do seu soldo.

Mantemento do nivel de financiamento

O secretario xeral de Universidades concluíu a entrevista no espazo matinal Bos Días lembrando que “para o presente 2013 houbo un mantemento do financiamento pactado no Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego, que blindou os orzamentos para a universidade desde o 2011 ata o 2015.”Neste sentido, nun contextode grave dificultade económica e cun esforzo de contención de gasto por parte do sector público, as universidades galegas manteñen o seu nivel de financiamento con axustes moi inferiores a do resto das administración públicas.

Menús News node R

Colectivo

Tema

Ensinanza