III Xornadas de Lingua

Lun, 11/10/2010 - 14:42

Desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa ofértase esta actividade, dirixida ao profesorado de Lingua Galega e Lingua Castelá. Celebrarase os días 15 e 16 de outubro no IEFP Politécnico de Santiago.

Trátase dunha actividade monográfica sobre a avaliación da competencia en comunicación lingüística, que se estruturará en conferencias plenarias nas que expertos de recoñecido prestixio abordarán a medida dos coñecementos e destrezas do alumnado desde unha vertente formativa, reguladora e sumativa ou cualificadora. Estes relatorios combinaranse con varios obradoiros específicos para o profesorado de Primaria, Secundaria e Bacharelaro, nos que en grupos reducidos se abordarán marcos concretos de avaliación tales como PISA, PAU, avaliación de diagnóstico, avaliación da competencia en comunicación lingüística dentro do proceso de ensino-aprendizaxe, a autoavaliación...

Tamén se abordará de forma exclusiva a avaliación das distintas subcompetencias (expresión escrita, comprensión lectora, comprensión oral, expresión oral e interacción oral).

Inscrición

  • O prazo de inscrición remata o 22 de setembro e o profesorado interesado (que impartan Lingua Galega ou Castelá)
  • Para inscribirse premer aquí (no menú da esquerda premer en Inscrición – Inscribirse e poñer esta referencia: X1002003).

Máis información: