Puntuacións provisionais das persoas participantes na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2013/2014 destinadas a funcionarios docentes non universitarios
Ven, 02/08/2013 - 13:22
Xúntase a listaxe coas puntuacións provisionais das persoas participantes na convocatoria de licenzas por formación para o curso 2013/2014 destinadas a funcionarios docentes non universitarios conforme ao baremo que figura no Anexo III da Orde do 5 de xuño de 2013 (DOG do 14 de xuño).
- Segundo o artigo 6.4 da citada orde, establécese un prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación, para que os interesados poidan efectuar as posibles reclamacións.
- Por mor dunha maior axilidade na xestión, poden adiantar as posibles alegacións e renuncias por mail ao enderezo licenzas.fprofe@edu.xunta.es ou por fax ao nº 981 546550. O que non exclúe facelo oficialmente co selo de rexistro de envío.
- O teléfono de información e consultas é o 981.546.510
Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2013/2014 (DOG)
Oferta de formación permanente do profesorado en linguas estranxeiras en Canadá e Francia
Listaxe coas puntuacións provisionais
Resolución pola que se amplía o prazo
Resolución definitiva da convocatoria de licenzas por formación (DOG)