Proxecto de modificación da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga)
Xov, 01/08/2013 - 09:14
De conformidade coa regulación contida no título II da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación ao exercicio da potestade regulamentaria por parte da Administración e do Goberno de Galicia, ao abeiro do artigo 42 do referido texto legal, establécese un prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte á súa publicación no portal, para que os interesados directamente ou a través das organizacións ou asociacións recoñecidas pola lei, que os agrupen ou representen, manifesten as suxestións ou recomendacións que coiden oportunas a través do correo electrónico sxpl.secretaria@xunta.es