Divulga na escola

A Asociación Galega de Cultura Científica e Tecnolóxica (AGCCT) presenta o programa "Divulga na Escola", a través do cal achega aos centros unha completo listaxe dos principais divulgadores de ciencia e tecnoloxía de Galicia.
Lun, 08/07/2013 - 22:34
divulga na escola

Esta listaxe creouse coa finalidade de pór en contacto a divulgadores cos centros de ensino e facilitar así a busca de conferenciantes e actividades á medida de cada centro.

Nesta listaxe pódese atopar:

  • Nome e contacto do divulgador.
  • Unha descrición da actividade.
  • Os materiais necesarios.
  • Se está condicionado ou se ten custos económicos.

 

Acceso á web de "Divulga na escola"