IV Concurso de Divulgación Científica CPAN

O proxecto Consolider-Ingenio 2010 CPAN (Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas y Nuclear), convoca o seu IV Concurso de Divulgación Científica en colaboración coa Fundación General CSIC.
Lun, 08/07/2013 - 22:10
cpan

 

Obxectivo

Este certame pretende estimular e recoñecer a produción de material divulgativo dirixido ao público xeral, e aos estudantes de educación secundaria e universitarios en particular, sobre os principios, avances científicos e tecnolóxicos e os beneficios da Física de Partículas, Física de Astropartículas e Física Nuclear.

Participantes

Investigadores de organismos públicos e privados, estudantes de doutorado e grao, profesores de educación secundaria, profesionais da divulgación científica e periodistas. A participación pode ser individual ou en grupo, podendo optar a unha ou varias modalidades.

Forma e prazo de presentación

Poderán presentarse traballos ata o luns, 30 de setembro de 2013 a través da aplicación web creada a tal efecto na intranet do CPAN.

Para saber máis