P1301040. A avaliación das aprendizaxes usando as actividades de Moodle no ámbito científico-tecnolóxico e matemático

Data límite de inscrición: 14/03/2014
Lun, 08/07/2013 - 19:25
moodle

Referencia: P1301040
Temporalización:  3º trimestre, Curso académico 2013/2014 
Lugar: Pontevedra
Prazas:  20 
Observacións prazas: 
É necesario coñecer as principais características de Moodle 

Obxectivos

1.Dominar o deseño de avaliacións e autoavaliacións da aprendizaxe en Moodle.

2.Coñecer as principais aplicacións de software libre que poden utilizarse para incorporar outros tipos de contidos aos cursos de Moodle.

3.Utilizar Moodle para a atención á diversidade na aula, propoñendo itinerarios e avaliacións persoais de aprendizaxe para o alumnado

Contidos

1.Principais compoñentes de Moodle: bloques, recursos e actividades. A súa configuración e distribución nos cursos do ámbito científico, tecnolóxico e matemático.

2.Ferramentas de avaliación e autoavaliación en Moodle.

   2.1.Cualificacións: creación de escalas personalizadas, xestión das cualificacións

   2.2.Tarefas: tipos de tarefas, características, configuración e xestión. Cuestionarios: características, creación e edición de banco de preguntas

   2.3.Cuestionarios: características, creación e edición de banco de preguntas

3.Creación e xestión de actividades avaliativas utilizando programas open source integrables á plataforma Moodle. Creación de avaliacións no Ámbito Científico-Tecnolóxico e Matemático con Hot Potatoes e Jclic

4.Proposta ao profesorado participante a "abrir" os seus cursos a outras persoas participantes que poderían actuar neles como estudantes.