Son centros nos que se impartan nunha lingua estranxeira áreas ou materias non lingüísticas, cun máximo dun terzo do horario lectivo, e dirixido a todo o alumnado do nivel educativo obxecto do programa plurilingüe.
Programas
Este programa supón a organización do ensino dunha área ou materia non lingüística que se cursa dun xeito bilingüe nunha lingua cooficial e nunha lingua estranxeira utilizada como mínimo durante o 50% do horario lectivo. |
|
Itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado. |
Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado como preparación para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas. |
Programa de cursos de actualización lingüística e comunicativa en linguas estranxeiras dirixido ao profesorado como preparación para as probas de certificación dos niveis das ensinanzas especializadas de idiomas. |
Axudas para realizar actividades de formación lingüística durante o verán dirixidas ao alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos de Galicia para mellorar a súa competencia en linguas estranxeiras. |
Programa complementario de apoio e colaboración de profesorado nativo prioritariamente nos Centros Plurilingües, Seccións Bilingües e Escolas Oficiais de Idiomas para posibilitar a práctica da conversa oral, proporcionar un modelo de corrección lingüística e achegar o alumnado e profesorado á cultura do seu país. |
Actividades de inmersión en lingua inglesa para alumnado de 6º de Educación Primaria e 2º de ESO que xunta dous grupos de dúas comunidades autónomas diferentes en distintos puntos de España durante unha semana durante os meses de outubro e novembro. |