Proxecto Abalar

Proxecto AbalarAbalar é o proxecto que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia e que inclúe e integra todas as iniciativas no ámbito educativo, xuntando os esforzos cara á modernización e mellora da educación como parte da estratexia transversal do Goberno galego de promoción das TIC a todos os sectores da actividade, recollida no marco da iniciativa de modernización egoberno2013.
Abalar organiza os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes nuns centros educativos cada vez máis preparados tecnoloxicamente. É unha estratexia educativa global e integradora, definida con obxectivos claramente determinados para maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias da nosa cidadanía, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo en Galicia apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.
O proxecto busca maximizar o aproveitamento dos recursos, coordinar e impulsar un cambio no modelo educativo apoiado na formación do profesorado e a modernización do ensino que suporá a conversión dos colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais.
A estratexia do proxecto Abalar xira arredor do concepto de centro educativo dixital. O centro educativo dixital supera o concepto de centro educativo tradicional e persegue dispor de recursos humanos e pedagóxicos, así como de infraestruturas e servizos axeitados para o uso cotián da tecnoloxía por parte de todos os axentes da comunidade educativa, na actividade docente, de aprendizaxe e administrativa.

Pódese acceder a toda a información e todos os recursos do proxecto no portal espazoAbalar:

Acceso ao espazoAbalar

Información e recursos máis recentes

Repositorio do Espazo Abalar
13/12/2012 | 10:11

O repositorio do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, nesta ocasión con 27 novos...

Repositorio ABALAR
29/03/2012 | 14:27

O repositorio de contidos do espazoAbalar ampliou unha vez máis a súa oferta, co que na...

Subscribirse a Últimos servizos engadidos