Contratación de gasóleo C para calefacción dos centros

Co obxecto de que a administración educativa poida beneficiarse dos aforros da contratación centralizada, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade tramitou un acordo marco para a contratación da subministración de gasóleo para calefacción dos centros docentes non universitarios dependentes da Consellería.

Os contratos derivados do devandito acordo marco acaban de ser formalizados, polo que se pon a disposición dos centros educativos neste enlace a información relativa ás empresas adxudicatarias de cada lote.

En todos os lotes que xa están adxudicados o centro debe proceder á contratación pola vía ordinaria que se describe a continuación, sen necesidade de recabar autorización da Consellería.

Achégase para facilitar o traballo dos centros un documento explicativo do procedemento a seguir para realizar os encargos, así como modelos de documentación que permitan axilizar a tramitación:

Para calquera dúbida pode poñerse en contacto coa Secretaría Xeral Técnica no teléfono 981 544 476.

Nos seguintes arquivos, divididos por zonas xeográficas, cada centro educativo pode consultar que empresas son as adxudicatarias da súa zona e os correspondentes datos de contacto.

 

Menús Generic node R

Gastos de funcionamento

Sen términos