FSE+ Galicia 21-27 - Programas de Diversificación Curricular e Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento

Ven, 12/05/2023 - 10:58

Unión EuropeaOs programas de diversificación curricular e os programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento están cofinanciados polo Programa FSE+ Galicia 21-27 no marco do Obxectivo Político 4.- Unha Europa máis social mediante a aplicación do pilar europeo de dereitos sociais.

Estas actuacións, dirixidas ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria, teñen por obxecto a redución do abandono escolar temperá. A posta en marcha destes programas contribúe significativamente a que un maior número de alumnas e alumnos finalicen con éxito esta etapa educativa, o que lles permitirá continuar os seus estudos e facilitará a súa futura incorporación ao mercado laboral.

En definitiva, a finalidade principal dos programas é a mellora do éxito escolar contribuíndo a que a mocidade permaneza no sistema educativo despois de finalizar a educación obrigatoria. Trátase, polo tanto, dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá na Comunidade Autónoma de Galicia, que permitirá acadar o obxectivo fixado para 2030 pola Comisión Europea dunha taxa inferior ao 9%.

Os programas de diversificación curricular e de mellora da aprendizaxe e do rendemento encádranse na medida 3.f.02.- Programas de diversificación curricular, de atención á diversidade e garantía da equidade educativa, no obxectivo específico ESO4.6.- Promover a igualdade de acceso a unha educación e unha formación de calidade e inclusivas e a súa culminación, en particular para os colectivos desfavorecidos, desde a educación infantil, pasando pola educación e a formación xerais e profesionais, ata a educación superior, así como a educación e a aprendizaxe dos adultos; así mesmo, facilitar a mobilidade educativa para todos e a accesibilidade das persoas con discapacidade, na Prioridade 3.- Educación e formación, do Programa FSE+ Galicia 21-27.

A taxa de cofinanciamento do FSE+ Galicia 21-27 é do 60%. Esta achega contribúe a financiar os custos laborais do profesorado que intervén nos programas e os custos indirectos derivados da súa realización.

Normativa

Documentos de programación e xestión

Operacións seleccionadas

Gastos de funcionamento

Información e comunicación

Obrigas en materia de difusión e publicidade:

  • Informar, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado participante sobre o cofinanciamento das horas lectivas das materias incluídas dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento de 2º da ESO e dos programas de diversificación curricular de 3º da ESO, nos centros que foron seleccionados na operación;

  • Poñer no taboleiro de anuncio do centro educativo e na súa páxina web, se a tiver, o cartel anunciando a axuda do FSE+ segundo o modelo que se axunta no enlace anterior

  • Na documentación e nos materiais de comunicación relacionados coa execución destes programas destinados ao público e aos participantes, incluirase unha mención que destaque a axuda da Unión de maneira visible. Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa FSE+ Galicia 21-27.

Enlaces de interese: