Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Premios
Finalidade

A finalidade destes premios é a de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior na Comunidade Autónoma de Galicia, facendo uso do establecido no artigo 4 da citada Orde EDU/2128/2011, en exercicio das competencias atribuídas, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG do 29 de xuño).

Requisitos de participación

Poderá optar aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal o alumnado que reúna as seguintes condicións:

  1. Ter cursado durante o ano académico, cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  3. Os alumnos e alumnas que sexan persoas candidatas ao premio deberán merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou do contorno familiar e sociocultural, polo que se fan merecedores de optar a esta modalidade de premios.

O perfil obxecto destes premios correspóndese con alumnado que procede de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta para conseguir rematar os seus estudos ou en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

Convocatoria

Convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023-2024

 

Finalidade

Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida o alumnado que teña destacado polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.

A finalidade destes premios é dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa, reforzar aqueles aspectos que inciden na mellora do sistema educativo e xuntar excelencia con equidade, igualdade de oportunidades e posibilidades de desenvolvemento persoal.

Requisitos de participación

Poderá optar aos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter cursado durante o ano académico 2023/24 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
  3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido no artigo 29.2 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 183, do 26 de setembro).

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Convocatoria

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023-2024.

 

 

Finalidade

Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, ten como obxecto o recoñecemento do especial aproveitamento do alumnado que cursou na Comunidade Autónoma de Galicia calquera das modalidades de bacharelato establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Requisitos de participación

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
  2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido no artigo 31.2 Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (DOG núm. 111, do 13 de xuño).
  3. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da citada lei e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Convocatoria

Premio extraordinario de bacharelato

 

 

Finalidade
<

A finalidade destes premios é a de recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de formación profesional de grao superior na Comunidade Autónoma de Galicia, facendo uso do establecido no artigo 4 da citada Orde EDU/2128/2011, en exercicio das competencias atribuídas, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG do 29 de xuño).

Requisitos de participación

Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Ter cursados estudos de formación profesional de grao superior durante o curso anterior á convocatoria nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e que rematou os seus estudos no ano anterior ao da convocatoria.
  2. Ter obtido unha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50, nos termos establecidos no artigo 50 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia. Esta cualificación expresarase con dúas cifras decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.
  3. Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da citada lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Convocatoria

Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23

 

 

Persoas beneficiarias
  • Alumnado que finalizou os seus estudos profesionais de Música, os estudos profesionais de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño no curso no que se convocan e nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia,
  • Nota media igual ou superior a 8,75 nos dous últimos cursos das ensinanzas profesionais de Música e Danza ou cunha nota media final igual ou superior a 8,75 no ciclo formativo de grao superior de Artes Plásticas e Deseño cursado.
Número e características dos premios
  • Poderanse conceder ata seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución:
  1. Modalidade de Música: Tres premios na modalidade un na modalidade de e dous na modalidade de
  2. modalidade de Danza: un premio
  3. Modalidade de Artes Plásticas e Deseño: dous premios.
  • Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade na modalidade de Música ou por familia profesional na modalidade de Artes Plásticas e Deseño.
  • A dotación para os premios será de 5.100 € que se distribuirán entre os premiados na mesma contía, e que non poderá exceder os 850 euros por premio. Estas contías estarán suxeitas ás retencións que legalmente lles correspondan.
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica, recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas que se emitan.
  • Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de ensinanzas artísticas profesionais poderán concorrer, logo da inscrición, ao correspondente premio nacional.
  • Estes premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de ensinanzas artísticas profesionais.
  • O alumnado que obteña o premio extraordinario, ademais da dotación económica, recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel a distinción e farao constar nas certificacións académicas que se emitan.
  • Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de ensinanzas artísticas profesionais poderán concorrer, logo da inscrición, ao correspondente premio nacional.
  • Estes premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de ensinanzas artísticas profesionais.
Requisitos de participación

Modalidade A: Música.

O alumnado que desexe optar a estes premios deberá facelo unicamente como candidato ou candidata de xeito individual, realizando a interpretación como solista con acompañamento da agrupación que precise, se é o caso.

Ademais, deberá presentar unha copia dunha gravación de vídeo, en formato AVI ou MPEG, en soporte DVD, na cal o/a aspirante interprete tres pezas (obras ou fragmento da obra) de diferentes estilos, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso de ensinanzas profesionais de Música, cunha duración máxima de 15 minutos, entre as tres pezas.

O/a alumno/a deberá especificar os títulos e autores das pezas que interpreta tanto na solicitude como no soporte, respectando a orde de interpretación.

Así mesmo, deberá xuntar un breve currículo con indicación doutros méritos (anexo II da solicitude).

 

Modalidade B: Danza.

O alumnado que desexe optar a estes premios deberá, ademais, presentar unha copia dunha gravación de vídeo, en formato AVI ou MPEG, en soporte DVD, na cal o/a aspirante interprete, co acompañamento que precise, se é o caso, dúas obras da especialidade, dunha dificultade non inferior ao nivel de sexto curso das ensinanzas profesionais de Danza, cunha duración máxima de 10 minutos entre as dúas obras.

O/a alumno/a deberá especificar os títulos e autores das pezas que interpreta tanto na solicitude como no soporte, respectando a orde de interpretación.

Cando se trate dunha gravación cuxa interpretación sexa en conxunto deberase indicar dentro do grupo á persoa candidata.

Así mesmo, deberá xuntar un breve currículo con indicación doutros méritos (anexo II da solicitude).

 

Modalidade C: Artes Plásticas e Deseño.

O alumnado que desexe optar a estes premios deberá, ademais, presentar a memoria e documentación gráfica do proxecto integrado ou proxecto final do ciclo formativo de grao superior polo cal concorre, en formato PDF, AVI ou MPEG cun tamaño máximo de 20MB, e un breve currículo con indicación doutros méritos

Para todas as modalidades

Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da devandita lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, conforme o artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Máis información

Convocados os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas correspondentes ao curso 2023/24

 

 

Requisitos de participación

Concederase un premio por cada titulación oficial de grao ao alumnado que finalizase os estudos de primeiro, segundo e terceiro curso nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Para o alumnado dos graos oficiais con máis de catro cursos, segundo o plan de estudos das ditas titulacións, estenderase o premio ata o cuarto curso para os graos de 5 anos e ata o quinto curso para o grao de 6 anos.

Para o alumnado dos programas de simultaneidade estenderase o premio ata o penúltimo curso da organización docente.

O alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:

  1. Non estar en posesión dunha titulación universitaria oficial.
  2. Nos graos oficiais será necesario:
  • Ter superado no curso académico que corresponda na convocatoria con aproveitamento excelente a totalidade dos créditos correspondentes ao curso completo, segundo o plan de estudos de cada titulación de grao, e estar matriculado nos mesmos estudos no curso seguinte do seguinte curso completo que corresponda segundo o plan de estudos.
  • Ter no curso académico que corresponda na convocatoria a nota media igual ou superior a 8 puntos.
  1. Nos programas de simultaneidade de graos para os efectos da obtención deste premio será necesario:
  • Ter superado no curso académico que corresponda na convocatoria con aproveitamento excelente a totalidade dos créditos correspondentes ao curso completo, segundo o seu programa de simultaneidade, e estar matriculado nos mesmos estudos no curso seguinte do seguinte curso completo que corresponda segundo o programa de simultaneidade.
  • Ter no curso académico que corresponda na convocatoria unha nota media igual ou superior a 8 puntos.
  1. A nota media do curso completo obterase de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito con data 27 de xuño de 2011 entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración dos expedientes académicos, cuxa publicación no DOG foi acordada pola Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro) e na Resolución do 13 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se dispón a publicidade do acordo da Comisión de seguimento do protocolo de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo para a valoración de expedientes académicos.
  2. Para a obtención desta nota media non se valorarán as cualificacións recoñecidas, convalidadas ou adaptadas.
  3. Para os efectos da obtención do premio non terán a consideración de materias recoñecidas as superadas en condición de mobilidade regulada a través dun convenio onde conste o recoñecemento para efectos plenos.
Convocatoria

Convocatoria dos premios Ángela Ruiz Robles á excelencia académica para o alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2022/23 nas universidades do SUG

 

Estes premios, ademais de ter asinada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.

Requisitos de participación

Poderá solicitar estas axudas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:
 

  1. Teren cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
  2. Teren unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  3. Non poderán obter un premio fin de carreira aquelas persoas que xa obtiveron un en anteriores convocatorias.
Convocatoria

Convocatoria dos premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2023 nas universidades do Sistema universitario de Galicia