S2401034 - Ferramentas corporativas para a xestión do alumnado. Programacións e comunicación coas familias
Actividade formativa de 20 horas de duración: 12 horas presenciais e 3 horas non presenciais, baseadas na entrega obrigatoria da tarefas vencelladas cos contidos da actividade.
Lun, 10/02/2025 - 12:55
Competencias profesionais:
- Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional
- Competencia dixital docente - 4. Avaliación e retroalimentación
Obxectivos:
- Elaborar un exemplo básico de programación didáctica para un nivel educativo a través da aplicación informática corporativa de programacións.
- Empregar a aplicación XADE para a avaliación e o control de asistencia do alumnado.
- Obxectivo parte na rede. Xestionar a comunicación coas familias a través das ferramentas espazoAbalar, abalarMóbil e abalarPro.
Contidos:
- O novo currículo galego e a programación didáctica.
- A elaboración da programación didáctica a través da correspondente aplicación corporativa.
- Acceso a XADE e proceso de avaliación do alumnado.
- Introdución das faltas de asistencia en XADE.
- Obtención de informes estándar e personalizados en XADE.
- Comunicación coas familias a través das ferramentas espazoAbalar, abalarMóbil e abalarPro.
Datas e horarios:
- Xoves, 13 de marzo de 16:30 a 20:30
- Xoves, 27 de marzo de 16:30 a 20:30
- Xoves, 3 de abril de 16:30 a 20:30
- Xoves, 10 de abril: data límite para a entrega das tarefas obrigatorias
Lugar de realización:
- Centro Autonómico de Formación Innovación (CAFI)
Pódese consultar a información detallada en Fprofe: S2401034.