G2301094 - Proceso para a innovación de centro

OLLADAS caleidoscópicas
Mar, 10/10/2023 - 16:32
imaxe

G2301094 - Proceso para a innovación de centro

Obxectivos: 

  1. Analizar o nivel competencial do centro en innovación e investigación, atendendo ás dimensións pedagóxicas e organizativas.
  2. Deseñar un plan de actuación baseándose nas conclusións obtidas no proceso de diagnose.
  3. Mapear os talentos do equipo e experimentar un proceso de co-creación grupal.

Contidos: 

  1. Marco de referencia da competencias en innovación e investigación.
  2. Ferramentas de diagnose: análise DAFO.
  3. Plan de acción: deseño de obxectivos, actuacións e métodos de avaliación e difusión.
  4. Procedementos de seguimento e avaliación do plan de actuación elaborado.

Información importante: 

Esta formación ten un marcado carácter práctico. As sesións basearanse en traballo en grupo, non en relatorios. 

A actividade consta de: 

  • 5 sesións de CREACIÓN de 3 horas por videoconferencia.
    • 21 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 25 de outburo de 16:30 a 19:30
    • 28 de outubro de 10:00 a 13:00
    • 8 de novembro de 16:30 a 19:30
    • 15 de novembro de 16:30 a 19:30
  • 1 sesión presencial de CONVIVIO de 3 horas no CAFI.
    • 18 de novembro de 10:00 a 13:00
  • 2 horas de traballo persoal.
    • 11 de novembro de 10:00 a 12:00 (este horario é orientativo)

Inscrición en Fprofe co código G2301094.