Título node Learning object
A Semana Europea da Mobilidade, unha iniciativa xurdida en 2002, celébrase anualmente entre os días 16 e 22 de setembro co fin de desenvolver actividades enmarcadas no ámbito da mobilidade sostible. O obxectivo principal desta iniciativa é reducir o uso dos vehículos motorizados nas cidades e apelar ás autoridades locais para que desenvolvan políticas e accións encamiñadas ao cambio nos hábitos de mobilidade. A iniciativa "Día sen Coches" insírese nesta iniciativa.
Neste ano participan 1389 cidades de toda Europa, entre elas Burela, O Barco de Valdeorras e Vigo.